Rosendo Fernández participa na entrega de premios do “III Trail Ribeira Sacra”

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou en Luíntra (Nogueira de Ramuín), na entrega de premios do “III Trail Ribeira Sacra”, unha proba que ofreceu aos participantes dúas modalidades deportivas, de 24 e 47 quilómetros, percorrendo os lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra ourensá.

Este evento que aglutina deporte, historia e natureza, “contribúe a promocionar un dos enclaves máis fermosos da nosa provincia: a Ribeira Sacra, patrimonio mundial de riqueza natural”, salientou no evento o vicepresidente da Deputación de Ourense. En total entregáronse premios para os tres primeiros clasificados na categoría masculina e feminina das dúas distancias, e tamén para o corredor máis lonxevo e ao club con máis participantes.

Na carreira participaron corredores procedentes de 12 provincias de todo o territorio nacional e de tres rexións de Portugal. A proba foi cronometrada e competitiva, e os tempos de paso dos participantes nas dúas probas quedaron rexistrados.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar