Feijóo valora como “fotografía reveladora” aos candidatos as alcaldías do Norte da Coruña

 

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que o Debate sobre o Estado da Autonomía serviu para ter “unha fotografía reveladora sobre a situación política galega”. Díxoo na presentación dos candidatos do Norte da Coruña como Ortigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche e As Somozas, onde tamén indicou que o PPdeG é un partido con ideas, con balance e cun proxecto que comeza a construírse desde os 313 concellos de Galicia.

Ssalientou que nas vindeiras eleccións municipais non só está en xogo quen será o alcalde do municipio, senón tamén o rumbo que tomará a nosa comunidade nos vindeiros anos. Neste senso, Feijóo aproveitou para pedirlle aos candidatos traballo, humildade, equipo e ilusión: “Traballo, para facer un concello mellor para todos; humildade, porque os alcaldes e concelleiros non son xefes de ningún veciño, senón servidores de todos eles; un bo equipo que represente a pluralidade dos nosos concellos, e ilusión, porque para gañar o máis importante é querer gañar”.

“Cando miro para vós vexo sete futuros alcaldes de sete grandes concellos de Galicia”, destacou Feijóo, quen fixo especial fincapé na ilusión e no compromiso dos candidatos, pero tamén na súa diversidade. Un aspecto que para o presidente dos populares galegos é “unha enorme virtude”: “Gañamos porque somos diferentes dos demais partidos e diferentes entre nós. Por iso somos o partido que máis se parece á Galicia real, á Galicia plural e aberta”.

Subliñou, tamén, que o PPdeG é o partido do que máis se espera: “Galicia é moito máis estrita co PP que cun ningún outro”, dixo, e considerou isto como “un gran recoñecemento” por parte dos galegos. “Pídennos moitos máis
–continuou-, porque saben que somos quen de dalo e teñen moitas máis expectativas postas en nós porque saben que podemos ser mellores”. Neste punto, referiuse a que, tras “o toque de atención” recibido en 2015, o PPdeG foi quen de corrixir os seus erros e conseguir unha maioría absoluta excepcional na España autonómica hai dous anos: “Ningún pobo de España depositou en ningún partido tanta confianza como os galegos no Partido Popular e, por iso, nas vindeiras eleccións municipais, temos que demostrarlles que acertaron”.

Así, sinalou que maio de 2019 é unha grande oportunidade para explicarlles aos galegos que, grazas ao seu apoio, se está a facer unha Galicia mellor: con menos paro, cunhas contas máis saneadas, con mellores hospitais e centros de saúde, cun ensino con máis linguas e máis tecnoloxía, que atende mellor aos seus maiores, e que está ao carón dos máis pequenos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar