Teo:O PPdeG esixe a colocación dos badéns por seguridade para os veciños

As informacións coñecidas respecto da colocación dos badéns en Teo son gravísimas. Por tal motivo, os populares esixen a comparecencia inmediata do edil responsable para clarexar se estes cumpren coa normativa e se, por conseguinte, está garantida a seguridade da veciñanza.

O Partido Popular de Teo vén de recibir máis de medio centenar de chamadas dos veciños da vila nestes últimos días alertados pola colocación desmesurada de badéns na localidade. Foron moitos os que denunciaron nos últimos días o excesivo número de badéns, así como tamén das súas grandes proporcións, que se colocaron últimamente na vila, particularmente en zonas de Calo, Luou, Rarís e Reis.

“Chegaban a nós con moitas dúbidas sobre a instalación destes badéns, explicándonos que en ningún momento tiveran unha comunicación previa por parte do Concello e que tampouco existe sinalización algunha da súa existencia, nin vertical nin horizontal”, explica José Manuel Guerra, portavoz dos populares en Teo.

A maiores de carecer de sinalización, os badéns colocados polo actual goberno de Teo, “existen algúns moi perigosos, instalados xusto inmediatamente dunha curva, supoñendo isto maior risco de accidentes, sobre todo cando comece a época de choivas”, apunta Guerra.

Dende o Partido Popular, recalcan unha vez máis “ a falta de previsión e comunicación do alcalde cos seus veciños e veciñas e criticamos especialmente que non se informase á veciñanza destas actuacións”.

Ao mesmo tempo, insisten en que son badéns moi grandes e non sinalizados; máis que garantizar a seguridade viaria, empeórana e supoñen un perigo tanto para os viandantes como para os condutores, especialmente os ubicados tralas curvas.

 

Tralas informacións coñecidas agora, segundo as cales o executivo podería ter colocado badéns que incumpren supostamente coa normativa sectorial, os populares consideran que a reacción do goberno local “delata” unha mala praxe por parte do concelleiro de obras. Resulta “moi lamentable que dende o bipartito amosen unha nula preocupación pola seguridade da veciñanza, non se faga autocrítica e non anuncien unha revisión da obra que evite posibles accidentes”.

Dende o grupo municipal desconfíase da actuación do executivo local e por tal motivo, no mesmo día de hoxe, rexistrarán unha batería de preguntas dirixidas ao alcalde para clarexar os feitos, esixindo o proxecto da obra, os custes da mesma e a documentación que corrobore ou desminta o cumprimento coa normativa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar