Gonzalo Caballero recibe a Michel Montaner, secretario xeral do PSPV

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, recibiu a Michel Montaner, secretario xeral do PSPV de Xirivella e autor do libro ‘El espíritu de Xirivella’, que relata o movemento das bases socialistas para devolver a Pedro Sánchez á Secretaría Xeral do PSOE en maio do 2017.

Michel Montaner estará estes días en Galicia presentando a súa obra, o que levará a estar en Vigo, Ourense, Santiago e Ribeira.

Ao termo do encontro, o líder dos socialistas galegos agradeceu o agasallo do libro que profunda na “forza da militancia” do PSOE e no cambio de rumbo que ten tomado o partido coa elección de Pedro Sánchez, que supuxo a conformación “dun proxecto de esquerda, sen complexos e con vontade de goberno”.

Pola súa banda, Montaner valorou o encontro mantido con Gonzalo Caballero, de quen destacou a súa “cercanía” e a súa “preocupación por dar soluciones” a Galicia.

Ademais, amosouse “muy satisfecho” pola “buenísima acogida” que está tendo, tanto en Galicia coma no resto de España, o seu libro, “una epopeya contada en primera persona por la militancia de cómo Pedro Sánchez ganó las primarias y, contra todo pronóstico, hoy es presidente del Gobierno”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar