Corenta viños do Ribeiro, degustación dun grupo internacional de xornalistas

Un grupo de 13 xornalistas internacionais, chegados dende Bélxica, Reino Unido, Estonia, Rusia, Holanda ou Perú, están a participar nun programa de visitas denominado International Galician Wine Week, organizado polo IGAPE da man do sumiller Luis Paadín, que aterrou onte na Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, a D.O. Ribeiro.

O programa iniciouse coa chegada onte á tarde ao territorio da D.O. Ribeiro para coñecer de primeira man as súas características, a través dos seus viños, uvas, viñedos e xentes. O grupo, acompañado polo presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, gozou dunha cea tradicional cunha excelente mostra de 20 de viños do Ribeiro.

Esta mañá percorreron o terreo da D.O. Ribeiro visitando viñedos, algúns xa vendimados e outros no proceso de recolección da uva, trazando unha rota polos concellos de Cenlle, Leiro, Beade,… para chegar a Ribadavia, onde se celebrou un xantar tradicional con polbo a feira e carne ao caldeiro, harmonizado con outro túnel de viños da D.O., integrado por outras 20 referencias entre viños brancos e tintos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar