Empregados da administración local actualizan coñecementos administrativos

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández inaugurou no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, o curso práctico, organizado pola Área de Formación da Deputación de Ourense, sobre as novidades en procedementos administrativos que, por primeira vez, se celebra en horario laboral, atendendo ás demandas da Xunta de Persoal da institución.

A acción formativa permitirá aos preto de 60 empregados públicos da administración local inscritos, actualizar os seus coñecementos sobre as Leis 39 e 40 do 2015.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar