Controlado un incendio forestal no concello ourensán de Lobeira

 

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal no concello ourensán de Lobeira, parroquia de Parada, que afecta o parque natural do Xurés.

O lume comezaba o sábao ás 21,05 h. en dous puntos e quedou controlado esta mañá ás 08,51 h. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 15 hectáreas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 4 axentes, 18 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

Tamén está controlado dende as 9,06 h. o incendio forestal de Cervantes, parroquia de Donís, que comenzara o día 27 ás 18,08 h. parece que provocado por un raio. A superficie aproximada afectada é de 12,5 hectáreas, 12 delas de monte raso e 0,5 de arborado. Neste lume mobilizáronse 1 técnico, 9 axentes, 45 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar