Teo:Segundo informe negativo da Xunta para a planta de resíduos de Casalonga

A Xunta vén de emitir un novo informe negativo para a Planta de Residuos de Casalonga. Segundo se puido coñecer no día de hoxe por vías xornalísticas, deuse este paso grazas ao informe previo de Medio Ambiente e non ao segundo informe realizado polo Concello. O documento emitido pola entidade local “non era concluínte”, feito que indignou a José Manuel Guerra. “A qué están xogando?”, pregúntase o líder dos populares teenses.

O Grupo Municipal Popular fai especial fincapé no engano que supón, unha vez máis, a maneira de actuar do alcalde cun goberno que oculta información manipulando á veciñanza. “O alcalde, desde o primeiro momento, estivo máis interesado en alarmar á veciñanza e xerar discordia entre a opinión pública en contra da Xunta de Galicia que en traballar a prol da vila” – apuntan os populares-. Así o fixo nunha recente reunión en Casalonga mais, de novo, demóstrase que “a manipulación e a ocultación son as ferramentas de traballo do Sr. Sisto”.

UNHA SEMANA: DOUS INFORMES DESFAVORABLES

Os populares de Teo aplauden a axilidade nos trámites da Xunta de Galicia “despois de que o goberno bipartito de Teo tivese gardado no caixón durante oito meses o proxecto”. Frente a isto, a Xunta de Galicia tardou só quince días en dar o primeiro carpetazo a este asunto, e na xornada de onte a Consellería de Industria volveu emitir un comunicado negativo sobre esta planta. “O compromiso da Xunta coa veciñanza queda constatado fronte a un executivo local que oculta e manipula”.

O PP ESIXE A VOLTA AO CONSENSO POLÍTICO

O portavoz do PP en Teo, José Manuel Guerra, critica profundamente que Alcalde e Concelleira de Urbanismo “romperan a colaboración entre os partidos políticos co tema de Casalonga priorizando os seus intereses electorais”. “Trátase do maior reto ao que nos enfrontamos en décadas en Teo e dende o PP entendemos que temos que remar todos na mesma dirección para conseguir solucións. É o momento de deixar de lado as cores políticas e deixar de xerar alarmismo e confusión, temos que manternos unidos xa que é un problema que nos convén solucionar a todos”.  

O PP fai un chamamento ao actual equipo de goberno despois de que tanto Uxía Lemus como Rafael Sisto dinamitaran o consenso existente na corporación municipal entre todas formacións políticas para rexeitar a instalación da planta de residuos “co único fin de conseguir máis votos nas vindeiras eleccións municipais, chegando incluso a pedir o voto aos veciños na última reunión que se celebrou para dar conta do traslado do informe de incompatibilidade urbanística á Xunta”, explica José Manuel Guerra, portavoz dos populares en Teo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar