O alcalde de Ourense, satisfeito polo proxecto definitivo da estación intermodal de tren

O anuncio do Goberno da información pública do estudio informativo do proxecto da Estación Intermodal de Ourense é aclamado polo alcalde “como un novo paso fundamental e a demostración palpable de que os esforzo destes anos por reforzar a cooperación institucional entre as tres administracións ten pagado a pena para acadar o gran proxecto do século XXI”

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o Anuncio de la Subdirección General de Planificación Ferroviaria por el que se somete a información pública el “Estudio Informativo del Proyecto Nueva Estación Intermodal de Ourense”. Este anuncio prodúcese ao día seguinte de que o Consejo de Ministros dese luz verde á sinatura do convenio para a construción do aparcadoiro soterrado para máis de 300 prazas nesta zona do barrio de A Ponte.

Jesús Vázquez ratifica que o proxecto da Estación Intermodal de Norman Foster é imparable “e cando falamos, facémolo facendo o que hai que facer e con pasos firmes onde teñen que estar: nos boletíns oficiais”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar