A Deputación de Ourense aproba o orzamento de 2019, que ascende a 82,7 millóns de euros

A Deputación de Ourense aprobou no pleno ordinario correspondente ao mes de setembro o orzamento da institución provincial para 2019, que ascende e un total de 82.700.000 euros, sendo un ano máis a primeira administración pública de España en aprobar o presuposto do seguinte exercicio.

 

No pleno tamén se aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais, que ascende a 6,2 millóns de euros; e os plan de Mocidade, Empregabilidade e Cooperación para limpeza de redes viarias, cun orzamento total de 2,7 millóns de euros. Asemade, a corporación provincial aprobou o outorgamento da medalla de ouro da provincia de Ourense, a título póstumo, ao doutor Luis Rodríguez Míguez, un recoñecemento co que a Deputación de Ourense quere poñer en valor as importantes achegas que Rodríguez Míguez fixo nos ámbitos da investigación e promoción do termalismo contemporáneo, como precursor dos estudos sobre as augas mineiro medicinais e o seu uso clínico. Asemade, no ámbito cultural, aprobouse a creación do Consello Asesor do Museo do Entroido, o modo de xestión e o convenio polo se transfire á Deputación este espazo cultural.

 

Ademais, no plenario, todos os grupos políticos aprobaron unha moción conxunta sobre a atención ás mulleres con endometriose, formulada pola asociación QuerEndo.

 

A totalidade dos acordos plenarios aprobados hoxe son os seguintes:

 

CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN, DO INORDE, DO CONSORCIO PROVINCIAL DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO E DO CONSORCIO DE AUGAS DE VALDEORRAS CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2017

 

Acordo:

 

Primeiro.- Conta Xeral da Deputación Provincial de Ourense do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

 

  • Resultado orzamentario axustado: .23.388.233,74 €
  • Remanente de tesourería para gastos xerais: 26.462.156,08€
  • Balance de situación: 2.622.386.259,69 €
  • Resultado económico patrimonial: -29.086.090,74 €

 

Segundo.- Conta Xeral do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

 

  • Resultado orzamentario axustado: 130.900,26 €
  • Remanente de tesourería para gastos xerais: 202.415,44 €
  • Balance de situación: 17.387.605,86 €
  • Resultado económico patrimonial:  19.954,33 €

 

Terceiro.- Conta Xeral do Consorcio provincial de servizo contra incendios e salvamento do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

 

  • Resultado orzamentario axustado: 895.696,28 €
  • Remanente de tesourería para gastos xerais: 1.373.062,56 €
  • Balance de situación: 9.548.863,85€
  • Resultado económico patrimonial:- 622.247,45 €

 

Cuarto.- Conta Xeral do Consorcio de augas de Valdeorras do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

 

  • Resultado orzamentario axustado: -205.763,58 €
  • Remanente de tesourería para gastos xerais: -535.267,97 €
  • Balance de situación: 828.257,31 €
  • Resultado económico patrimonial: -261.676,09 €

 

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA POR CRÉDITO EXTRAORDINARIO E DAS BASES DE EXECUCIÓN N.º 4/2018

 

Acordo:

 

1º. – Aprobar inicialmente a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle,

CREDITO EXTRAORDINARIO

 

Aplicación orzamentaria Expresión IMPORTE €
912.11/479.05 Outras subvencións para “La Región”. Corporación provincial 105.000,00 €

 

RECURSO UTILIZADO

 

BAIXA da aplicación orzamentaria Expresión IMPORTE
912.11/226.02 Información e publicidade. Corporación provincial 105.000,00 €

 

2º.-  Aprobar inicialmente as modificacións cualitativas de subvencións xa aprobadas, no que se refire á especificación do capítulo IV e VII de gastos, experimentando as seguintes variacións:

 

  •   Con cargo á aplicación orzamentaria 341.11/482.01 “Subvencións deportivas. Fomento do deporte”, prevíase unha subvención ao Pavillón C.F. para “Equipación Sponsor – Fútbol base” por importe de 8.000,00 euros. En base á solicitude verbal do Presidente do Pavillón C.F.  proponse o cambio de finalidade de dita subvención para a “ Adquisición de material deportivo” debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento, quedando da seguinte maneira.

 

– 341.11/482.01   “Subvencións deportivas. Fomento do deporte” :

 

Beneficiario Finalidade Importe
Pavillón C.F. Adquisición de material deportivo 8.000,00 €

 

  • Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos subvencións. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención nominativa a favor do Concello de Trasmiras por importe de 43.152,23 euros para “drenado no Polígono 507, parcela 327”. En base á solicitude do Concello de Trasmiras de data 05 de setembro do 2018  proponse o cambio de finalidade de dita subvención para a obra “ Bacheado e mellora da capa de rodadura da pista que discorre desde a C.N. 525 a Vilaseca ” por considerar que é unha obra prioritaria e de urxente realización para o tránsito de vehículos agrícolas e particulares que redundaría en beneficio dos veciños do concello de Trasmiras.

 

450.12/762.01 “A Concellos subvencións. Cooperación provincial”.

 

Beneficiario Finalidade Importe
Concello de Trasmiras Bacheado e mellora da capa de rodadura da pista que discorre desde e C.N. 525 a Vilaseca 43.152,23 €

 

  • Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.02 “A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial”, prevíase unhas subvencións nominativas a favor do Concello de A Bola  por importe de 38.000,00 euros para “ Acondicionamento e reparación Rubiás” e 23.000,00 € para “ Reparación do firme en Casal de Feás” En base á solicitude do Concello de A Bola de data 05 de setembro do 2018  proponse o cambio dos importes de ditas subvencións debido a un erro na modificación 1/2018 do orzamento xa que cambiáronse as cantidades dunha das subvencións para a outra, quedando corrixido do seguinte xeito .

 

450.12/762.02 “A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial”.

 

Beneficiario Finalidade Importe
Concello de A Bola “Acondicionamento e reparación en Rubías” 23.000,00 €
Concello de A Bola “Reparación do firme en Casal de Feas” 38.000,00 €

 

  • Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.02 “A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención nominativa a favor do Concello de A Peroxa  por importe de 48.000,00 euros para “ Rexeneración de firmes nos accesos a Turzavella, Casarizas, Vales, S.. Cibrao e Outros” En base á solicitude do Concello de A Peroxa de data 13 de setembro do 2018  proponse o cambio da finalidade de dita subvención .

 

450.12/762.02 “A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial”.

 

Beneficiario Finalidade Importe
Concello de A Peroxa Mellora da praza do concello e do Recinto Feiral da Peroxa 48.000,00 €

 

  • Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/789.03 “Outras transferencias  asociacións. Actividades culturais e recreativas”, prevíase unha subvención nominativa a favor da Asociación de veciños San Paio dos Pitos por importe de 12.000,00 euros para “ Mellora do acondicionamento do local social da Asociación de veciños San Paio dos Pitos”  En base á solicitude verbal do Alcalde do concello de Ramirás de data 13 de setembro do 2018 proponse o cambio de beneficiario e da finalidade de dita subvención .

 

334.20/789.03 “Outras transferencias  asociacións. Actividades culturais e recreativas”.

 

Beneficiario Finalidade Importe
Comunidade de montes San Paio dos Pitos Mellora e acondicionamento do local 12.000,00 €

 

  • Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.02 “A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención nominativa a favor do Concello de Verea por importe de 47.000,00 euros para “ Construción e adecuación nave para maquinaria e almacén municipal en Verea”  En base á solicitude do Concello de Verea de data 13 de setembro do 2018 proponse o cambio da finalidade de dita subvención .

450.12/762.02 “A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial”.

 

Beneficiario Finalidade Importe
Concello de Verea Accesos a Vilar e camiño Xeixido 47.000,00 €

 

  • Con cargo á aplicación orzamentaria 924.12/789.03 “ Outras transferencias asociacións. Participación veciñal”, prevíase unha subvención nominativa a favor da Asociación de veciños de Ábedes  por importe de 60.000,00 euros para “ Local social” En base á solicitude do Presidente da comunidade de montes proponse o cambio de beneficiario de dita subvención .

924.12/789.03 “ Outras transferencias asociacións. Participación veciñal”,

 

Beneficiario Finalidade Importe
Comunidade de Montes M.C. Ábedes Local social 60.000,00 €

 

3ª .- Aprobar a modificación das Bases de execución do orzamento, que afectan a Base 87 ª, no que se refire ás subvencións que teñen carácter nominativo, engadindo as seguintes ás que figuraban inicialmente:

 

Beneficiario Aplicación Orzamentaria Finalidade Importe
Concello de Oímbra 450.12/762.01 Mellora da praza da Fonte e rúa do Campo ( II fase)   48.000,00 €
La Región, S.A. 91211/47905 “ Outras subvencións “La Región”  Corporación provincial” Promoción cultural e desenvolvemento do coñecemento provincial nos Foros “La Región” 105.000,00 €

 

Os recursos financeiros utilizados para esta modificación serán baixas doutras aplicacións orzamentarias e non afectan cuantitativamente ao Orzamento Xeral da Deputación.

 

    4º.- De acordo co artigo 169 da Lei Reguladora das Facendas Locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no boletín oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

 

ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA O EXERCICIO 2019

 

Acordo:

1º.- Aproba-lo orzamento xeral da Deputación provincial de Ourense para o ano 2019, co detalle que figura nos resumos seguintes:

 

              Estado de gastos:

 

Capítulo 1.- Gastos de persoal 32.158.320,74€
Capítulo 2.- Gastos correntes en bens e servizos 19.696.923,99 €
Capítulo 3.- Gastos financeiros       13.961,14 €
Capítulo 4.- Transferencias correntes    

Capítulo 5.- Fondo de continxencia

 13.065.470,23 €

      10.000,00 €

Capítulo 6.- Investimentos reais     12.233.545,55 €
Capítulo 7.- Transferencias de capital 4.052.911,29 €
Capítulo 8.- Activos financeiros     300.000,00 €
Capítulo 9.- Pasivos financeiros   1.168.867,06 €
                                             TOTAL GASTOS…… 82.700.000,00 €

                                                                                                                                                                  

Estado de ingresos:

 

Capítulo 1.- Impostos directos 5.000.000,00 €
Capítulo 2.- Impostos indirectos 4.237.000,00 €
Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos   4.971.703,97€
Capítulo 4.- Transferencias correntes  67.914.123,90 €
Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais        154.519,13€
Capítulo 6.- Alleamento de investimentos reais          21.000,00 €
Capítulo 7.- Transferencias de capital 101.653,00 €
Capítulo 8.- Activos financeiros 300.000,00 €
                                              TOTAL INGRESOS… 82.700.000,00 €
  1. B) INORDE.

 

   Estado de gastos:

Capítulo 1.- Gastos de persoal   961.784,30 €
Capítulo 2.- Gastos correntes en bens  e servizos 623.340,90 €
Capítulo 4.- Transferencias correntes   

Capítulo 6.- Investimentos reais

                                          TOTAL GASTOS……..

334.180,00 €

        128.694,80 €

2.048.000,00 €

Estado de ingresos:

Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos       12.020,00 €
Capítulo 4.- Transferencias correntes 1.861.404,56 €
Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais

Capítulo 7.- Transferencias de capital                                                           

11.260,44 €

163.315,00€

                                       TOTAL INGRESOS….. 2.048.000,00 €

 

 2º.- Aprobar as Bases de Execución do Orzamento Xeral, segundo figuran no expediente.

 

 3º.- Aprobar os cadros de persoal, que se dividen en persoal funcionario, laboral e eventual, de acordo co art.126 do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986.

 

  4º.- De acordo co art. 169 da LRFL, o orzamento xeral será exposto ó público, previo anuncio no boletín oficial da provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións ante o Pleno. O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

 

PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL PARA O EXERCICIO 2019

 

Acordo:

 

1.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais e da Rede Viaria Provincial para o exercicio 2019.

 

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación dos procedementos de elaboración e execución do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais e da Rede Viaria Provincial para o exercicio 2019.

 

Estrutura do Plan Provincial de Cooperación 2019. Distribución dos investimentos por concellos.

  1. O Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais para o exercicio 2019 comprenderá as seguintes clases de investimentos:

– Investimentos en obras de mellora e conservación da rede viaria provincial, de titularidade da Deputación Provincial.

– Investimentos en obras de competencia municipal, preferentemente as necesarias para a efectiva prestación dos servizos municipais obrigatorios enumerados no artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, modificada por Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da administración local.

  1. O Plan Provincial 2019, tanto no apartado da rede viaria provincial coma no relativo ás obras municipais (neste caso ata o importe máximo establecido para cada termo municipal nestas bases) financiarase na súa integridade pola Deputación Provincial de Ourense, resultando en consecuencia o seguinte cadro básico de financiamento:

Obras municipais:

  • Deputación Provincial: 100,00 %

Obras da Rede Viaria Provincial:

  • Deputación Provincial: 100 %
  1. Non obstante, no caso das obras municipais, os concellos voluntariamente poderán efectuar achegas adicionais para o financiamento das obras, alterándose automaticamente o cadro de financiamento neses supostos. Doutra banda, incluiranse igualmente no Plan Provincial, todas aquelas obras para as que os concellos soliciten a súa inclusión, dotadas de financiamento exclusivamente municipal ou procedente doutras administracións públicas, para os efectos de obter a declaración de utilidade pública de cara a posibilitar a obtención de terreos mediante expropiación forzosa.
  2. A distribución do investimento prevista no Plan Provincial 2019 é a seguinte:
  1. Investimento total previsto na Rede Viaria Provincial:  1.500.000,00 €

Achega da Deputación á RVP (100%): 1.500.000,00 €

  1. Investimento total previsto en obras municipais (incluída a Entidade Local Menor de Berán): 4.716.000,00 €, dos cales 4.440.000,00 € destinados á execución material das obras e 276.000,00 € destinados a servizos complementarios á execución das obras.

Subvención Deputación obras municipais (100,00 %): 4.716.000,00 €,

  1. A distribución territorial por concellos do investimento en obras municipais efectuarase mediante a asignación a cada concello da provincia dunha cota alícuota de investimento subvencionado, resultando un investimento por termo municipal de 51.000,00 €; da dita cantidade, 48.000,00 € destinaranse ó financiamento dos contratos de execución material das obras e 3.000,00 € ó financiamento dos contratos de servizos complementarios á execución das obras (con especial consideración das asistencias técnicas para a redacción de proxectos, a dirección facultativa e a coordinación de seguridade e saúde das actuacións).

 

O investimento con cargo a fondos provinciais asignado a cada concello poderá dedicarse a unha ou varias obras, a elección dos concellos, podendo supoñer o seu financiamento íntegro ou parcial, sempre e cando as obras correspondan a competencias municipais.

 

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BERÁN EN MATERIA DE MOCIDADE PARA O EXERCICIO 2019

 

Acordo:

 

1.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e a entidade local menor de Berán en materia de mocidade para o exercicio 2019:

 

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de mocidade para o exercicio 2019.

 

A finalidade deste Programa é contribuír ó financiamento das actividades desenvolvidas polos concellos da provincia e a entidade local menor de Berán en prol da mocidade ó longo do exercicio 2019.

Beneficiarios:

 

  1. Poderán obter subvención no marco do programa regulado nas presentes bases os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán, cando desenvolvan actividades en prol da mocidade durante o exercicio 2019.

 

  1. Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas actividades, sempre que fosen autorizados a partir do 1 de xaneiro de 2019.  

 

A subvención concedida a cada concello poderá acadar a contía máxima de 6.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados ó desenvolvemento das actividades subvencionadas. A subvención concedida á  entidade local menor de Berán poderá acadar a contía máxima de 3.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados ó desenvolvemento das actividades subvencionadas.

 

O financiamento das subvencións reguladas no presente Programa realizarase con cargo á aplicación 46211/24111 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2019, tramitándose con carácter anticipado o Programa ó abeiro do disposto no artigo 56.1 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos, serán de aplicación as seguintes regras especiais:

1ª) A execución do Programa queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial para o exercicio 2019, tendo carácter puramente estimatorio a contía total máxima prevista nas presentes bases.

2ª) A contía total máxima estimada é de 549.000,00 €.

3ª) No expediente de gasto que se tramite para a aprobación do Programa, a certificación de existencia de crédito substituirase por unha certificación relativa á concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 56.1 do RD 887/2006.

4ª) Os efectos de tódolos actos de trámite ditados no expediente de gasto entenderanse condicionados a que, ó ditarse a resolución de concesión, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron eses actos.

5ª) A resolución de concesión deberá ditarse no exercicio 2019, unha vez aprobado definitivamente e publicado na forma legalmente prevista o orzamento da Deputación Provincial para o dito exercicio.

 

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS E A ENTIDAE LOCAL MENOR DE BERÁN EN MATERIA DE EMPREGABILIDADE PARA O EXERCICIO 2019

 

Acordo:

 

1.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e a entidade local menor de Berán en materia de empregabilidade para o exercicio 2019:

 

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de empregabilidade para o exercicio 2019.

 

A finalidade deste Programa é a contribución ao sostemento económico dos servizos de competencia municipal e da entidade local menor de Berán posibilitando o complemento dos recursos humanos necesarios co dito fin, tanto a través das figuras contractuais propias da lexislación laboral como a través de contratos administrativos ou nomeamentos de persoal funcionario interino, de ser o caso, mediante a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento dos ditos contratos ou nomeamentos.

 

Beneficiarios:  

  1. Poderán obter subvención no marco do programa regulado nas presentes bases os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán, cando contraten  persoal en réxime de dereito laboral, efectúen nomeamentos de persoal funcionario interino ou subscriban contratos administrativos, típicos ou especiais, con persoas físicas suxeitas ao réxime de autónomos, para a realización de actividades da súa competencia durante o exercicio 2019. Considéranse subvencionables as contratacións ou nomeamentos que se realicen a partir do 1 de xaneiro de 2019. Igualmente serán subvencionables as contratacións ou nomeamentos procedentes de anos anteriores que subsistan no exercicio 2019, exclusivamente en canto os custes devengados a partir do 1 de xaneiro de 2019.
  2. Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas contratacións ou nomeamentos, incluíndo gastos salariais e de Seguridade Social, así como os honorarios ou contraprestacións económicas por servizos profesionais prestados por autónomos.

 

A subvención concedida a cada concello poderá acadar a contía máxima de 20.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados aos contratos ou nomeamentos subvencionados. A subvención concedida á entidade local menor de Berán poderá acadar a contía máxima de 10.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados aos contratos ou nomeamentos subvencionados.

 

O financiamento das subvencións reguladas no presente Programa realizarase con cargo á aplicación 46207/24111 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2019, tramitándose con carácter anticipado o Programa ó abeiro do disposto no artigo 56.1 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos, serán de aplicación as seguintes regras especiais:

 

1ª) A execución do Programa queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial para o exercicio 2019, tendo carácter puramente estimatorio a contía total máxima prevista nas presentes bases.

 

2ª) A contía total máxima estimada é de 1.830.000,00 €.

3ª) No expediente de gasto que se tramite para a aprobación do Programa, a certificación de existencia de crédito substituirase por unha certificación relativa á concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 56.1 do RD 887/2006.

 

PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS E MANCOMUNIDADES PARA A REALIZACIÓN DE ACTUALIZACIÓNS DE LIMPEZA DAS MARXES DAS REDES VIARIAS MUNICIPAIS E PROVINCIAIS PARA O EXERCICIO 2019

 

Acordo:

 

1.- Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial no exercicio 2019:

 

Constitúe o obxecto destas bases a regulación do programa de cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial no exercicio 2019.

 

Este programa se desenvolverá mediante a concesión de subvencións ás ditas entidades locais para o financiamento da prestación de servizos de limpeza das marxes da rede viaria local. A finalidade da subvención é colaborar economicamente cos concellos e mancomunidades no sostemento do servizo público de limpeza das marxes da rede viaria municipal (prestación que se considera incluída no servizo mínimo obrigatorio de acceso aos núcleos de poboación, recollido no artigo 26 da Lei de bases de réxime local) e no cumprimento das obrigas establecidas na lexislación galega de prevención de incendios forestais. Esta colaboración condiciónase a que por parte dos concellos e mancomunidades se realicen labores de limpeza das marxes das vías provinciais e municipais, co obxectivo último de garantir o mantemento das vías en condicións axeitadas de limpeza e seguridade, dándolle ademais cumprimento ao establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais.

 

Os servizos subvencionados poderán prestarse mediante calquera modo de xestión dos previstos na lexislación de réxime local, sendo subvencionables todos os gastos  correntes directos do servizo. Exclúense os gastos de investimento e os indirectos, así como os definidos como non subvencionables nos apartados 7 e 8 do artigo 31 da Lei xeral de subvencións.

 

Beneficiarios:

 

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas no presente Programa provincial de cooperación os concellos de menos de 20.000 habitantes e as mancomunidades integradas por estes concellos que cumpran os seguintes requisitos:

  1. a) Prestar o servizo de limpeza das marxes da rede viaria municipal e provincial cunha máquina rozadora con brazo articulado, durante, polo menos, un período mínimo de tres meses no exercicio 2019. Este período mínimo deberá comprender, en todo caso, as datas nas que a Deputación estableza a limpeza obrigatoria dun número mínimo de quilómetros da rede viaria provincial, conforme co previsto na base sétima, apartado b). Nos supostos de períodos de prestación do servizo que non comprendan meses naturais completos, para o cálculo do cumprimento do período mínimo esixible computaranse os días naturais de prestación, considerándose un mes por cada trinta días naturais.

 

  1. b) Adherirse ao presente Programa de cooperación no prazo e coas formalidades recollidas na base quinta.

 

O financiamento das subvencións reguladas no presente Programa realizarase con cargo á aplicación 16311/46200 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2019, tramitándose con carácter anticipado o Programa ó abeiro do disposto no artigo 56.1 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos, serán de aplicación as seguintes regras especiais:

1ª) A execución do Programa queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial para o exercicio 2019, tendo carácter puramente estimatorio a contía total máxima prevista nas presentes bases.

2ª) A contía total máxima estimada é de 350.000,00 €.

3ª) No expediente de gasto que se tramite para a aprobación do Programa, a certificación de existencia de crédito substituirase por unha certificación relativa á concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 56.1 do RD 887/2006.

4ª) Os efectos de tódolos actos de trámite ditados no expediente de gasto entenderanse condicionados a que, ó ditarse a resolución de concesión, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron eses actos.

5ª) A resolución de concesión deberá ditarse no exercicio 2019, unha vez aprobado definitivamente e publicado na forma legalmente prevista o orzamento da Deputación Provincial para o dito exercicio.

 

A contía das subvencións que se concedan ao abeiro deste Programa de cooperación será para o exercicio 2019 de 4.500,00 € por entidade local, con destino ao financiamento dos gastos subvencionables de prestación do servizo.

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CHMS, A DEPUTACIÓN DE OURENSE E O CONCELLO DOS BLANCOS, PARA O FINANCIAMENTO, EXECUCIÓN E ENTREGA, PARA O SEU MANTEMENTO E CONSERVACIÓN, DAS OBRAS DO PROXECTO DE MELLORA DA CAPACIDADE DE DESAUGADOIRO DO RÍO AIROÁ NOS BLANCOS

 

Acordo:

 

1º. Aprobar o convenio de colaboración entre a CH do Miño-Sil, a Deputación de Ourense e o Concello dos Blancos para o financiamento, execución e entrega, para o seu mantemento e conservación, das obras do proxecto de mellora da capacidade de desaugadoiro do río Airoá nos Blancos (Ourense).

 

Este convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán o financiamento, redacción do proxecto, posta a disposición dos terreos, execución e posterior entrega para o mantemento e conservación das obras e instalacións que se contemplan no proxecto titulado “Mellora da capacidade de desaugadoiro do río Airoá nos Blancos (Ourense).”

 

Este convenio resultará eficaz unha vez inscrito no Rexistro electrónico estatal de órgano e instrumentos de cooperación do sector público estatal, e publicado no “Boletín Oficial do Estado”.

 

A súa vixencia concluirá o 31 de decembro de 2020, salvo que nesa data non finalizaran as actuacións obxecto deste nin se procedera á recepción das obras, liquidación do contrato, finalización do prazo de garantía, e entrega das obras conforme co establecido na cláusula quinta, en cuxo caso os asinantes do convenio poderán acordar unanimemente a súa prórroga por un período de ata catro anos adicionais.

 

OUTORGAMENTO DA MEDALLA DE OURO AO DOUTOR DON LUÍS RODRÍGUEZ MÍGUEZ

 

Acordo:

 

Outorgarlle a medalla de ouro da provincia a título póstumo ao Doutor Luis Rodríguez Míguez, pola súa contribución a realzar e relanzar a maior singularidade que ten Ourense, a súa riqueza termal posto que o foi todo no termalismo da nosa provincia.

 

CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN DE OURENSE E O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA PARA A TRANSFERENCIA Á DEPUTACIÓN DO MUSEO GALEGO DO ENTROIDO EN XINZO DE LIMIA

 

Acordo:

1º) Aprobar o convenio entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia para a transferencia á Deputación Provincial de Ourense do Museo Galego do Entroido en réxime de servizo supramunicipal de competencia provincial.

 

Constitúe o obxecto do presente convenio a regulación da transferencia do Museo Galego do Entroido, actualmente dependente do Concello de Xinzo de Lima, á Deputación Provincial de Ourense.

 

En virtude do presente convenio, o Concello de Xinzo de Limia acorda a transferencia do servizo público municipal do Museo Galego do Entroido á Deputación Provincial de Ourense, que expresamente asume este servizo en réxime de competencia propia e como servizo público cultural de carácter supramunicipal.

 

A transferencia do servizo e a súa transformación nun servizo público supramunicipal xustifícase, dunha banda, polo carácter de servizo público municipal non obrigatorio do Museo, e doutra banda, pola circunstancia da concorrencia dun interese supramunicipal no mantemento do servizo, ao ser o seu obxecto – a conservación e difusión do patrimonio cultural vinculado ao entroido de Ourense – unha cuestión de interese do conxunto da provincia, excedendo o ámbito do municipio de Xinzo de Limia. O fundamento legal da transferencia baséase na competencia provincial prevista no artigo 36.1.c) da Lei de Bases do Réxime Local e 117 da Lei de Administración Local de Galicia, prevendo esta última norma a fórmula do convenio para a asunción do servizo por parte da Deputación.

 

CREACIÓN DO CONSELLO ASESOR DO MUSEO GALEGO DO ENTROIDO

 

Acordo:

 

1º) Crear o Consello Asesor do Museo Galego do Entroido, como órgano complementario da Deputación Provincial con funcións de informe e seguimento da xestión do Museo.

O Consello Asesor terá a composición seguinte:

Presidente: o da Deputación Provincial, ou deputado no que delegue.

Vogais:

  1. a) O deputado – delegado en materia de cultura.

b)Un representante do Concello de Xinzo de Limia

  1. c) Un representante de cada unha das entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro que sexan titulares de fondos depositados no Museo.
  2. d) Un representante de cada unha das entidades locais da provincia onde o entroido teña un especial arraigo.
  3. e) Un representante das entidades sen ánimo de lucro que se teñan distinguido especialmente polo seu labor a prol da conservación ou difusión do entroido ourensán.

As entidades interesadas en participar no Consello ao abeiro do disposto nos apartados d) e e) deberán comunicar á Deputación a súa vontade en tal sentido, correspondendo ao propio Consello Asesor, mediante resolución motivada, a decisión de integralas na súa composición.

 

Actuará como secretario do Consello o Secretario Xeral da Deputación, podendo non obstante ser substituído por calquera outro funcionario provincial dos subgrupos A1 e A2.

 

O Consello Asesor deberá constituírse no prazo máximo dun mes dende a adopción do acordo da súa creación.

 

Será competencia do Consello Asesor a realización das seguintes funcións:

  1. a) O seguimento da xestión do Museo. A tal efecto, o Consello reunirase cando menos unha vez ao ano, no primeiro cuadrimestre natural de cada exercicio, co obxecto de que por parte da Deputación se dea conta da xestión realizada.
  2. b) A formulación de propostas relativas á ordenación e xestión do Museo Galego do Entroido.
  3. c) A emisión de informe preceptivo previo á adopción por parte da Deputación dos seguintes actos ou acordos:

– A aprobación do programa museolóxico, do proxecto museográfico e do inventario de fondos do museo.

– A aprobación dos pregos de cláusulas dos contratos que teñan por obxecto a xestión do servizo do Museo.

 

DETERMINACIÓN DO MODO DE XESTIÓN DO MUSEO GALEGO DO ENTROIDO

 

Acordo:

 

Determinar que o servizo público supramunicipal do Museo Galego do Entroido, creado en virtude do convenio de transferencia do dito Museo á Deputación Provincial, se xestione de forma indirecta, mediante calquera das fórmulas contractuais previstas na vixente Lei de Contratos do Sector Público. A fórmula concreta será establecida polo órgano de contratación no correspondente expediente que se tramite para o efecto.  

 

O presente acordo farase público mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia, para xeral coñecemento.

 

PROPOSTAS DE ACORDOS SOBRE A ATENCIÓN ÁS MULLERES CON ENDOMETRIOSE, FORMULADA POLA ASOCIACIÓN QUERENDO

 

Acordo:

  1. A Deputación de Ourense instará por escrito nos próximos 30 días ao SERGAS e á EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras para que proceda a:

 

    1. Establecer unha programación de xornadas de formación sobre endometriose ás que poida acudir o persoal sanitario que atende os distintos servizos que dispensa o SERGAS na nosa provincia (facultativos de primaria e especializada, enfermería, matronas, fisioterapeutas, terapeutas…).
    2. Garantir consultas específicas de Endometriose suficientes para o número de afectadas das distintas áreas nos hospitais aos que acoden as mulleres da provincia de Ourense e á derivación destas pacientes a áreas nas que existan mentres estas non se creen.
    3. Crear unha unidade multidisciplinar composta por xinecólogos, radiólogos, cirurxiáns xerais con experiencia en cirurxía colo-rectal, urólogos, anestesistas, psicólogos, fisioterapeutas, especialistas en dor, etc., para mellorar a atención nos casos máis graves de endometriose e á derivación destas pacientes a unidades multidisciplinares doutras áreas sanitarias mentres estas non existan.

 

  1. A Deputación de Ourense instará por escrito nos próximos 30 días á Consellería de Sanidade a:

 

    1. Dar cumprimento á moción que por unanimidade aprobaron todos os grupos políticos da Cámara o 22 de abril de 2015 sobre endometriose e que recollía en gran medida as demandas das mulleres afectadas por esta doenza.
    2. Facilitar ás mulleres con endometriose un mellor acceso aos tratamentos de fertilidade nos hospitais públicos (mellora nas listas de espera, facilidades para conxelación de ovocitos antes de cirurxías e tratamentos que poidan afectar á súa calidade ovárica, así como a execución de campañas de ovodoazón destinadas a captar doantes na sanidade pública).

 

  1. A Deputación de Ourense instará por escrito nos próximos 30 días ao Ministerio de Sanidade a:

 

    1. Convocar un Consello interterritorial no que se aborde este tema e se estableza un plan estatal de endometriose no que se comprometan investimentos para a mellora da formación do persoal e a divulgación da doenza entre a poboación feminina.
    2. Incluír na carteira de medicación financiada a totalidade de medicamentos subministrados a mulleres con endometriose.

 

  1. A Deputación de Ourense comprométese a solicitar aos institutos de investigación públicos galegos que desenvolvan proxectos de investigación da endometriose.

 

  1. A Deputación de Ourense comprométese a impulsar unha campaña informativa entre mozas de 12-18 anos nos centros educativos da nosa provincia para dar a coñecer a doenza, e para tratar de recortar na medida do posible o retraso diagnóstico a través da distribución dun folleto informativo cuxos contidos serán facilitados por querENDO. Mulleres con endometriose, e que conta coa revisión da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar