Feijóo enxalza a vocación vanguardista co Centro Galego de Arte Contemporánea

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou a vocación vangardista e aperturista do Centro Galego de Arte Contemporánea e o seu compromiso nestes 25 anos co talento artístico de Galicia.

Durante o acto de apertura da celebracións do 25 aniversario, Feijóo aseverou que este singular edificio deseñado por Álvaro Siza segue a cumprir as súas dúas funcións máis importantes: ser dínamo e escaparate da produción artística galega, particularmente no eido das artes visuais; e achegar a cultura a todos os galegos, aproximando as expresións artísticas dos nosos días a capas cada vez máis amplas da poboación.

“Máis alá da condición efémera dunha parte da produción contemporánea, a arte de hoxendía é o patrimonio de mañá. E, en consecuencia, temos o deber de impulsala, apoiala e conservala”, dixo, incidindo en que este é o cometido do CGAC, un museo cuxo prestixio transcende a cartografía e no que teñen cabida todos os artistas: desde creadores noveis ata figuras reputadas; e, desde artistas galegos ata creadores internacionais.

O responsable do Executivo autonómico subliñou o compromiso do centro por traballar para ser útil ao ecosistema cultural e á sociedade; así como a súa aposta polo rigor e a seriedade na súa xestión, converténdoo nun dos máis influentes do país.

Nesta liña, Feijoo quixo destacar a intensa labor desenvolvida polos traballadores e por todos os directores que encabezaron este museo desde a súa posta en marcha.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta lembrou que o próximo Ano Santo, tras a ampliación do Museo do Pobo galego, a Comunidade contará cun importante polo cultural en pleno casco histórico de Santiago. Non en van, este museo ampliarase uns 800 metros cadrados para acoller un novo espazo expositivo que albergara unha sección de historia contemporánea e autonómica de Galicia.

Feijóo concluíu animando á cidadanía a visitar o CGAC e disfrutar da intervención lumínica do artista Javier Riera, que porá en valor a colaboración entre Álvaro Siza, arquitecto do CGAC, e a paisaxista galega Isabel Aguirre para crear o parque de Bonaval.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar