Teo: A axilidade da Xunta na planta de residuos evidencia a desidia do Concello

A Xunta de Galicia decidíu arquivar para trámite o expediente aberto para a instalación da planta de residuos de Casalonga.

Dende un primeiro momento, cando se propuxo a execución deste proxecto na zona, o Partido Popular de Teo mantívose firme na súa postura ao respecto: non á planta de residuos. Técnicamente, os populares avanzaron que só podería seguir adiante se contaba cos informes favorables e de compatibilidade urbanística necesarios, feito que dende Alcaldía e Concellería de Urbanismo se negaba, tratando de “iluminados” aos grupos da oposición e culpabilizando permanentemente ao gobernó de Feijoo.

Mais o tempo demostrou una vez máis a falacia e manipulación da alcaldía. Hoxe faise público o arquivo do expediente aberto para a instalación da planta de residuos de Casalonga ao existir un informe desfavorable do Concello para poder levar a cabo o proxecto”, explica o portavoz popular. “Amosamos a nosa satisfación plena co traballo realizado pola administración autonómica e a súa celeridade porque neste momento acaba de dárselle o primeiro carpetazo á instalación da planta de residuos ao non cumprir cos requisitos legais estipulados”, din.

O Grupo Municipal Popular fai especial fincapé no engano que supón, unha vez máis, a maneira de actuar do alcalde e da alarma que crea ter un goberno que oculta información manipulando á veciñanza. “O alcalde, desde o primeiro momento estivo máis interesado en alarmar aos veciños e xerar discordia entre a opinión pública para manipular as posturas dos veciños en contra da Xunta de Galicia que en traballar a prol da vila” – apuntan os populares- “a manipulación e a ocultación son as ferramentas de traballo do Sr. Sisto”.

CELERIDADE VERSUS PARÁLISE

Os populares de Teo aplauden a axilidade nos trámites da Xunta de Galicia “despois de que o goberno bipartito de Teo tivese gardado no caixón durante oito meses o proxecto e a Xunta de Galicia tardase só quince días en dar carpetazo a este asunto”.

DEIXADEZ DO GOBERNO LOCAL

Aínda que o goberno do bipartito sempre intentou culpabilizar á Xunta e ao Partido Popular da situación “o certo é que o tempo puxo a cada un no seu lugar, demostrando que o único irresponsable que tivo oculto o proxecto durante oito meses era o actual mandario local”, di Guerra. “Dende o PP sempre deixamos claro dende o primeiro momento cando coñecimos o proxecto, que a incompatiblidade urbanística era clara porque para a súa execución tal e como estaba planteado, necesitaba dun desenvolvemento urbanístico que resulta incompatible coa Lei do Solo, que recolle que a ubicación preferente para este tipo de instalación é solo industrial”. O Grupo Municipal Popular amosa unha vez máis a súa crítica “á maneira de gobernar das Mareas, incapaces de adminsitrar os bens locais de maneira constructiva e en beneficio da vila e non dos intereses particulares duns poucos”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar