A Policía Autonómica investiga un acto de furtivismo en Laxe con 47 quilos de centola

 Axentes do grupo Erpol da Policía Autonómica investigan a catro persoas por un presunto delito de furtivismo. Os axentes comisaron  no porto de Laxe (A Coruña) 47 quilos de centola, a cal se encontraba ovada e capturada ilicitamente.

A raíz dunha acta de Infracción levantada por Axentes de Gardacostas de Galicia o pasado mes de abril na que consideraban que puidera existir un feito constitutivo de Ilícito Penal, os axentes da Policía Autonómica deron comezo unha investigación na que tamén colabora a Subdirección Xeral  de Gardacostas, que se prolongou dende finais do mes de abril ata o remate da primeira semana de setembro.

Froito das investigacións levadas detectouse a unha persoa que prevalecéndose da condición de compradora autorizada na Lonxa de Laxe, e ca connivencia de pescadores que descargaban as captura obtidas no devandito porto, aproveitaban as ventas realizadas legalmente no pósito para introducir no mercado centolas ovadas, as cales non poden ser capturadas.

As dilixencia foron tramitadas e deuse traslado aos xulgados de Carballo (A Coruña)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar