Proxección da ópera Il Trovatore de Verdi na Sede Afundación da Coruña

A sede da Coruña de Afundación, a Obra Social de ABANCA, acolle un ano máis as actividades paralelas da programación lírica organizada pola asociación Amigos de la Ópera de A Coruña. Todas estas propostas serán de entrada libre e gratuíta.

Nesta ocasión, a programación de actividades continúa coa proxección da ópera Il Trovatore, de G. Verdi, o mércores 19 de setembro a partir das 19.00 h. Ante a presenza da nova estrela do Metropolitan de Nova York, a soprano Ángela Meade, que o día 22 de setembro ofrecerá un concerto dentro da programación lírica, lembramos unha das súas actuacións pasadas na Coruña, o aclamado Trovatore de 2015, unha ópera que máis tarde cantaría de novo en Nova York.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar