Preocupación polos despedimentos da factoría de Sargadelos en Cervo

O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha iniciativa parlamentar dirixida ao Ministerio de Traballo para saber se a Inspeción de Traballo levou a cabo controis polo anuncio de 49 despedimentos na factoría de Sargadelos en Cervo (A Mariña), algúns deles xa efectivizados.

O deputado de En Marea quere saber se a inspecció está ao tanto do que está acontecendo nese centro a partir do anuncio realizado polo propietario o pasado 17 de agosto de proceder ao despedimento de 49 traballadores. “Fixo algún contriol? De non ser así, vai facelo?”, pregunta.

Na iniciativa parlamentar, Fernán Vello pon de manifesto que o dono da emblemática fábrica de cerámicas galega recoñeceu en afirmacións públicas que non existen problemas económicos, e que a empresa está en pleno rendemento. “Mais, provocou estupefacción cando dixo que esta decisión “era un pulso á representación sindical”, ademáis de a xuices e á Inspeción de Traballo”.

 

O deputado de En Marea quere saber se a Inspeción de Traballo está a actuar para garantir que se están a respectar os dereitos laborais e o cumprimento da lexislación dados os antecedentes descritos.

Miguel Anxo Fernán Vello salienta a importancia do Grupo Sargadelos “cunha histórica procedencia. As súas orixes están en 1875 coa creación da fábrica de cerámica, que se pechou para décadas mais tarde ser reaberta por destacados persoeiros do ámbitos da cultura galega como foron Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane en 1949. Sargadelos é algo máis que un centro de producción de cerámica. Ten unha enorme relevancia na historia da cultura de Galiza posto que foi un centro de promoción artística, cultural e lingüística. Incluso a nivel internacional. É patrimonio galego”.

Traslada Fernán Vello ao Goberno a preocupación de En Marea polo impacto que a decisión vai ter nos empregos, pero tamén pola vulneración dos dereitos laborais e da normativa nesta materia. Asimesmo, “preocúpanos que un emblema da historia da cultura galega poida porse en perigo por decisión confusas, que non respostan a cuestións de índole económica e que adoecen dunha clara opacidade”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar