Manuel Baltar recibe en la Diputación a la banda “La Lira” de Ribadavia

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial a directivos e músicos da banda de música “La Lira” de Ribadavia, gañadora do primeiro premio no Festival internacional de Valencia, o máis prestixioso do mundo. Baltar felicitou ao presidente, o director e a todos os xóvenes integrantes desta senlleira agrupación musical ribadaviense, destacando “o seu bo facer, guiado pola ilusión o virtuosismo e a defensa da tradición musical ourensá”.

No acto de recepción, que tivo lugar no Pazo Provincial –no que o presidente provincial lle fixo entrega da bandeira da provincia de Ourense-, analizaron os ámbitos de cooperación por parte da Deputación coa banda, que colaborou na viaxe que “La Lira” realizou a Valencia para participar no certame, unha liña de cooperación que, segundo confirmou o presidente Baltar, continuará no futuro para levar a cabo diferentes iniciativas que permitirán seguir espallando os valores musicais e culturais de “La Lira”, “situada por mérito propio no elenco das banda de música máis importantes”, expresou Manuel Baltar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar