A Fundación de Abanca presenta en Vigo a exposición “Terras de salitre”

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta en Vigo a exposición fotográfica «Terras de salitre. Cristina Mittermeier», un percorrido polas zonas do mundo nas que o ser humano explota os recursos marítimos dunha forma respectuosa e sustentable realizado pola fotógrafa mexicana Cristina Mittermeier. Mañá xoves 13 de setembro, ás 11.00 h, terá lugar na Sala de exposicións do Teatro Afundación de Vigo a rolda de prensa de presentación coas intervencións da comisaria da mostra, Silvia Oviaño, e da coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela. Pola tarde, ás 20.00 h, a comisaria ofrecerá unha visita guiada pola mostra, que se poderá visitar ata o 17 de novembro, de luns a venres, de 17.30  a 20.30 h e os sábados de 11.00 a 14.00 h.

A través de 66 fotografías de lugares como Groenlandia, Hawai, India, Madagascar, Columbia Británica, Abralhos, a Antártida e Galicia, Mittermeier, considerada unha dos 40 fotógrafos de Natureza máis influentes do mundo, percorre aquelas zonas pesqueiras que conseguiron manter o difícil equilibrio entre vivir dos recursos marítimos e conservalos. Entre elas atópase Galicia, zona que visitou o pasado mes de setembro de 2017 nunha viaxe que a levou pola Guarda, Baiona, Moaña, Noia e a Costa da Morte.

 

Evento Presentación da exposición «Terras de salitre» de Cristina Mittermeier
Lugar Sala de Exposicións Teatro Afundación Vigo (entrada pola rúa Reconquista)
Data e hora Xoves, 13 de setembro, ás 11.00 h
Asistentes Silvia Oviaño, comisaria da mostra

Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar