Faise pública a imposibilidade da planta de resíduos de Teo, una ferramente negada polo alcalde

Ven de publicarse o informe de incompatibilidade urbanística do proxecto da planta de residuos de Casalonga, una ferramenta que a alcaldía negou dende o primeiro momento.

Según o Partido Popular de Teo, este feito constata” o engano flagrante e manipulador dun alcalde que non fixo máis que perder oito meses de xestión e culpabilizar aos demáis cando todo estaba nas súas mans”. Os populares de Teo redundan unha vez máis no seu asombro ao coñecer a existencia do informe a través dos medios de comunicación.

“Non é a primeira vez que o alcalde nos engana pero pensabamos que ante un tema de tal calado o rexedor tería que dicir a verdade, non aos partidos políticos que estamos na oposición, senón tamén aos veciños e veciñas do Concello aos que leva case un ano mentindo”, apunta José Manuel Guerra, portavoz municipal do PP de Teo. “Unha vez máis PSOE e as Mareas de Son de Teo faltou ao seu compromiso de facilitar ao PP esa información no momento na que a tivese”, engaden.

 

ENGANO Á VECIÑANZA

 

O Grupo Municipal Popular fai especial fincapé no engano que supón a maneira de actuar do alcalde e da alarma que crea ter un goberno que oculta información manipulando á veciñanza. “A publicación deste informe nos medios de comunicación durante a xornada de onte, constata que o alcalde intentou ocultar a verdade dende o primeiro momento, botando balóns fóra e situando á Xunta de Galicia como a responsable da súa ineficacia, ocultando que tiñamos esta ferramenta na man dentro das competencias municipais, cuestión que sempre se negou dende o goberno do bipatirto teense”.

Guerra é moi crítico con esta situación xa que “non é xusto que os nosos veciños e veciñas teñan que soportar esta inseguridade e preocupación derivadas da irresponsabilidade dun goberno municipal que non defende os intereses da veciñanza e tan só basea a súa maneira de actuar en botar as culpas aos demais”.

 

DEIXADEZ E FALTA DE TRANSPARENCIA

 

Aínda que dende o goberno de Rafael Sisto sempre se intentou culpabilizar á Xunta e ao Partido Popular da situación, “o certo é que o tempo puxo a cada un no seu lugar, demostrando que o único irresponsable que tivo oculto o proxecto durante 8 meses era o actual mandario local”, di Guerra. “Dende o PP sempre deixamos claro dende o primeiro momento ao coñecer o proxecto,  que a incompatibilidade urbanística era clara porque para a súa execución, tal e como está planteado, necesitaba dun desenvolvemento urbanístico que resulta incompatible coa Lei do Solo, que recolle que a ubicación preferente para este tipo de instalación é solo industrial”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar