Carmen Calvo chama en Santiago “á cordura e o patriotismo”

“Que axuden todos” os partidos ante “esta situación en Cataluña” porque “a historia contará algún día” o que cada formación fixo ou non fixo. A secretaria de Igualdade e vicepresidenta do Goberno e ministra de Igualdade, Carmen Calvo, asegurou que o diálogo “non é unha materia optativa, é troncal e obrigatoria”.
“Ao Partido Socialista ningún partido pódelle dicir nada ante esta situación. Somos nós os que lles dicimos que arrimen o ombreiro con cordura e patriotismo”. “En España cabe todo o mundo”, lanzou Calvo desde Santiago de Compostela, “temos un proxecto” para reformar a Constitución e “coordinar, revisar e mellorar” un “modelo” no que “cabe Cataluña”.
Os socialistas buscan “coa Constitución na man e o Estatut, que Cataluña sexa parte de España e por iso aguantamos o que faga falta”. E preguntouse “se hai 40 anos tiñamos máis madurez” os políticos e “agora veñen reducir o que pasa ao branco e ao negro”. Por iso é polo que a vicepresidenta do Goberno considere “inquietante” que outros partidos políticos, dentro e fóra de España, “pensen que a política é inventarse cousas e é fácil porque as emocións as carga o diaño”.
O goberno socialista, “un goberno lexítimo” traballa para recuperar “o Estado do benestar, a dignidade e a limpeza da democracia”. Calvo ademais rexeita convocar eleccións agora. O Executivo intégrano persoas “valentes e realistas”, “aos españois non lles conveñen eleccións mañá porque levan sete anos aguantando o que non está escrito” co Partido Popular e as súas medidas “ retrógradas”, un partido que “ten que empezar a pensar no que lle pasou” e que demostrou nas súas primarias que “o PSOE é o partido con mellores condicións para defender este país” porque ten “historia, experiencia e construímos a democracia pola esquerda co Estado do benestar”.
Carmen Calvo compartiu escenario en Santiago de Compostela co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Ante o auditorio lembrou que “Galicia ten todo o dereito do mundo para saber que agora a oportunidade de resolver os seus problemas non por Feijóo senón por Pedro Sánchez, o presidente do Goberno de España”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar