Aberto o prazo para o Interceltique 2019 adicado a Galicia

 

Festival Interceltique de Lorient naceu hai 48 anos co desexo dos seus fundadores de contribuír ao desenvolvemento da música e a cultura bretona e tamén aberto para as nacións celtas das Illas Británicas (Escocia, Gales, Cornuailles, Illa de Man e Irlanda) e o norte peninsular (Galicia e Asturias).

Co seu éxito, o interceltismo pasou as primeiras fronteiras celtas británicas e peninsulares para conectarse a outros lugares onde hai tamén un lugar de migración máis recente, como bandas australianas, canadienses ou latinoamericanas.

Nos dez días de festival, chegan á vila bretona máis de 4.500 artistas para participar nos máis de 120 espectáculos que se desenrrolan nos distintos espazos do festival, chegando a haber 120.000 espectadores de pago e 750.000 visitantes, o que o convirte no máis importante festival de Francia e do mundo.

  • Aberto o prazo para a recepción de propostas

O mes de agosto de 2019, Galicia centrará a atención do Interceltique dez anos despois, e para iso a Delegación Galega do festival, representada por Pablo Seoane, abre o prazo para que grupos de baile, bandas de gaitas e grupos folk envíen a súa proposta para participar no mesmo.

Todas elas deberán enviar un dossier actualizado no cal se detalle o espectáculo a realizar en Lorient, o número de instrumentistas total e por sección e material audiovisual para o seu visionado á hora da selección.

En canto a aspectos máis concretos, a liña do traballo é a desenrolada nos últimos anos. Os grupos de bailedeberán contar cun mínimo de 12 parellas mixtas, así como un grupo instrumental e de cantareiros/as que complemente as súas actuacións. En canto ás bandas de gaitas esíxese o uso exclusivo de instrumentos tradicionais, non admitindo gaitas marciais nin percusión de alta tensión. Nestes dous apartados, tamén se valorará o coidado do traxe tradicional. En canto aos grupos folk que desexen participar no Interceltique’19, deberán enviar un orzamento para, incluíndo o desprazamento, un ou dous concertos no festival. Tamén último CD editado, valorando os feitos no último ano.

 

www.festival-interceltique.com

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar