Ponse a disposicion da cidadanía a web academiavilalba.org

 Ponse ao dispor do público a web www.academiadevilalba.org, promovida polos antigos alumnos e alumnas deste histórico centro que funcionou en Vilalba desde os anos 40 aos 70 do pasado século.

            A web, que estará en permanente crecemento segundo vaian conseguíndose informacións ou fotografías, pretende ir conformando – con numerosas pequenas aportacións de lembranzas particulares- unha historia daquel centro que marcou a centos de vilalbeses aos que lles proporcionou a oportunidade do ensino medio ou cursar Maxisterio, inasequible para moitos deles doutro xeito.

            Nestes momento, entre outras información, na web pode consultarse a historia dos cursos 1957-58 e 1958-1959, facilitada polo profesor e historiador vilalbés Xosé Antón Pombo Mosquera, así como a reproducción dun número da publicación AULA, publicada pola Academia en 1955 (facilitada por Loli Soto), e varios exemplares de AULA2, publicada polos alumnos de 6º do curso de 1968-69, baixo a dirección de Manuel Hermida Paz.

            A presentación desta web -confeccionada polos servizos técnicos de Galicia Digital- farase aos exacadémicos no decurso da X Xuntanza anual de alumnos, que dará comezo hoxe ás 14,00 horas nas instalación do Restaurante Montero na capital vilalbesa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar