3.000 galegos tiveron que abandoar Venezuela nun ano, según Rodríguez Miranda


O programa “Bos Días” da Televisión de Galicia recibiu a visita do secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, quen falou da situación das comunidades galegas noutros países, facendo fincapé nos 40.000 galegos que viven en Venezuela.

Rodríguez Miranda sinalou que a situación no país suramericano “é dramática desde o punto de vista social, non só pola incerteza económica, senón tamén pola inseguridade”. Durante a entrevista explicou que durante o último ano abandonaron Venezuela máis de 3.000 galegos na procura dun lugar mellor, a maioría de volta a Galicia.

O secretario xeral de Emigración falou das medidas de apoio que se están a desenvolver desde a Xunta de Galicia, entre as que destacou as axudas económicas directas. Arredor destas axudas, mencionou que favoreceron a 900 familias e que constaban de 1.000 euros por ano, “o que supón un salario anual nese país”. Tamén destacou outras axudas para medicamentos e programas de reencontro para retornar a Galicia.

Para finalizar, Rodríguez Miranda explicou que “hai 500.000 galegos no exterior, moitos de segunda xeración” e valorou o seu retorno “para internacionalizar a sociedade galega”.

Acceso á entrevista completa da TVG, EIQUÍ

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar