Vila de Cruces: Esforzo da madeireira Seistag pola dixitalizacion da produccion

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou en Vila de Cruces, na visita ao serradoiro da empresa Seistag, que o crecente compromiso das pemes galegas coa dixitalización dos seus procesos produtivos é unha das claves que explican a mellora da súa competitividade e dos seus avances na internacionalización.

Contando co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, a empresa madeireira leva a cabo investimentos de mellora en tecnoloxías 4.0 para a automatización do procesos produtivos e de comercialización, mediante a introdución de sistemas de control que permiten a trazabilidade total da produción con provedores e clientes, reducindo custes operativos e facilitando o seu traslado e recepción.

O director do Igape destacou a innovación tecnolóxica como clave que define a esta empresa creada en 2013, que emprega 25 traballadores, factura arredor de seis millóns de euros e exporta máis do 70% da súa produción.

Desde a apertura do centro do produción en Vila de Cruces a partir dun serradoiro en desuso, no que na actualidade traballan 15 empregados, e no que ten previsto investir nos dous próximos anos máis de un millón de euros para completar un terceiro proceso dedicado ao mecanizado da madeira, Seistag ten investido tamén na transformación de ferramentas tradicionais en liñas automatizadas e flexibles, ao abeiro das axudas para proxectos da Industria 4.0 que a Xunta pon a disposición das pemes galegas.

Cividanes destacou nese sentido o apoio da Xunta á incorporación á Industria 4.0. coa promoción de programas de dixitalización nas pemes que, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), destinan cinco millóns de euros a apoiar investimentos ao abeiro da Axenda Industria 4.0.

Mentres permanece aberta a segunda convocatoria de 2018 ata o próximo 21 de setembro, o Igape vén de resolver a primeira convocatoria do Programa de dixitalización 4.0, que achegará case un millón de euros en axudas a 55 proxectos individuais e colectivos que investirán 2,3 millóns de euros.

Así, o obxectivo é potenciar a posta en marcha de sistemas informáticos que acheguen valor ás empresas: tanto proxectos colectivos de soporte a procesos sectoriais multiempresa como proxectos individuais de intelixencia artificial e de conectividade inter e intraempresarial.

Deste xeito, a Consellería de economía, Emprego e Indsutria continúa impulsando o desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, que se aprobou en 2015 co obxectivo de impulsar a transformación do tecido produtivo galego. O primeiro plan bienal da Axenda serviu para impulsar accións por 143 millóns de euros, e acadou unha mobilización público-privada de 342 millóns de euros mediante accións que beneficiaron a 4.200 empresas. O presente plan bianual (2017/2018) esta dotado con máis de 175 millóns de euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar