Pablo Casado, presidente do PP, estará o dia 1 en Cerdedo-Cotobade

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, estará, o próximo 1 de setembro, no tradicional acto de apertura do curso político en Galicia. Un ano máis, o escenario elixido será a Carballeira de San Xusto, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Para os populares galegos, é un orgullo constatar a especial atención que o líder do PP nacional ten cara Galicia e cara ao PPdeG, xa que para o inicio da súa campaña interna a presidir o partido elixira a nosa comunidade. Contar coa súa participación no acto do vindeiro sábado será, polo tanto, unha mostra máis do seu recoñecemento ao Partido Popular de Galicia.

O inicio do curso político en Cerdedo-Cotobade será o punto de partida a un período intenso e apaixonante, que culminará coas Eleccións municipais de 2019. O PPdeG arranca esta etapa traballando a pleno rendemento e con todos os esforzos postos en construír proxectos que ilusionen aos veciños de cada recuncho de Galicia. Será tamén un ano no que se poña de manifesto a debilidade de Pedro Sánchez, refén da axenda que lle marquen os nacionalistas vascos, os independentistas cataláns e Podemos, e cun executivo que goberna a costas de Galicia.
Os populares galegos afrontan os próximos meses con ilusión e co empeño de servir a Galicia, unha motivación que, tal e como salientan, a día de hoxe non se pode ver en ningunha outra formación política. Desde a chegada dos socialistas á Moncloa, o PSdeG defende a política do ‘no es no’ de Pedro Sánchez con Galicia, así como tamén e os seus continuos agravios coa nosa comunidade. Do mesmo xeito, En Marea está máis pendente das súas leas internas e dos ninguneos constantes dos alcaldes das tres cidades a Luís Villares que de presentar iniciativas para Galicia.

Fronte a isto, o PPdeG continuará centrado no benestar dos galegos e en seguir desenvolvendo políticas baseadas en feitos, para que Galicia se manteña na senda do crecemento económico.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar