O presidente da Deputación de Ourense e o alcalde de Celanova fixan novas colaboracións

 

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao alcalde de Celanova, José Luís Ferro, con quen abordou futuros proxectos de colaboración entre ambas administracións a medio e longo prazo en materia de Cultura.

Trala xuntanza, Baltar explicou que entre as propostas de cooperación analizadas destaca a posibilidade de que Celanova albergue o Museo Internacional de Cornamusas que conta cunha das coleccións de gaitas máis importantes do mundo, con instrumentos procedentes de África, Asia, Europa e América Latina e que actualmente está ubicado na Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense.

Así mesmo, na reunión tamén acordaron desenvolver un ambicioso plan de novos usos do Mosteiro de San Salvador.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar