Arranxo da estrada de Vilardevós a Vilarello, en Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, e con membros do seu grupo de goberno local, para analizar a situación actual da estrada provincial OU-1006, que une as localidades de Vilardevós e Vilarello, que será acondicionada e reformada integralmente. Na xuntanza –explicou Manuel Baltar- reafirmamos o compromiso de colaboración da Deputación de Ourense co municipio de Vilardevós para levar a cabo estas obras que, unha vez superadas as barreiras burocráticas, suporán unha importante mellora na comunicación desta vila.

Para tal fin, a Deputación de Ourense destinou este ano unha axuda de 150.000 euros para dar cumprimento “ao noso compromiso de completar a reforma integral desta estrada ata Portugal”, lembrou o presidente do goberno provincial. O proxecto, redactado e aprobado no pasado mes de marzo, abarca todo o trazado da estrada aínda que as obras se realizarán en distintas fases.

As obras do primeiro tramo desta estrada estarán contratadas no vindeiro mes de outubro, despois de conseguir os permisos da Confederación Hidrográfica do Duero e tamén de Patrimonio da Xunta de Galicia, cos cales se desbloquea a situación na que se atopaba esta estrada. Así mesmo, a Deputación de Ourense xa está a iniciar as expropiacións do segundo tramo das obras desta vía provincial para a cal destinará unha ac

A estrada OU-1006 é unha das principais vías de comunicación do Concello de Vilardevós, xa que enlaza as cinco poboacións máis grandes do municipio (Terroso, Arzádegos, Vilarello, Florderrei e Enxames), permite tamén o acceso a Verín e mesmo á Portugal.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar