Sor Paquita, unha galega de Zamora

Dona Francisca Pérez Mayo, Sor Paquita, aquela moza e fermosa, locuaz e falangueira, despois de cincuenta anos no Mosteiro beneditino de Samos, sube ao palco da música no campo da festa para arengar á veciñanza e a todos os presentes na Feira de Produtos Artesanais, cun pregón magnífico, sonoro e de fondo calado, como se fose feito á man e á medida dos artesáns, paisanos e romeiros que non perdían ollo do acontecemento laico e relixioso ao mesmo tempo. A cuadratura do círculo, pero a estampa belida desta monxa vestida de negro, e con toca branca e negra, era como un símbolo perfecto de modestia, como o seu falar, o seu mirar e o seu andar.

Moverse por la ciudad nunca fue tan relajante. Descubre el asistente para atascos “Traffic Jam Assist” del Volkswagen Touran.

Todos saben, sabemos, que en Samos está un dos grandes mosteiros de Galicia, e nese grandioso edificio repártese o espazo entre monxes e monxas. Eles son menos dunha ducia e elas son tres, números insignificantes e que van a menos, igual que nos outros mosteiros galegos, cada vez menos, menos vocacións, menos medios, menos propiedades, menos doazóns, menos canto e menos rezo.

En Oseira de Ourense, os monxes visten de branco, como os de Santa María de Sobrado. Pertencen á orde do Císter dende 1141 e seguen coa mesma forma de vida, atados á mesma soidade e coa mesma enteireza na defensa dos valores que tiveron sempre. Os monxes “queren vivir a experiencia de Deus”, pero co paso do tempo as comunidades minguan e diminúen tamén as posibilidades de recuperación, de volver ser o que foron. O sacrificio que se lles supón esvaese, vaise e desaparece en cada instante.

Os mosteiros están integrados e forman parte do seu propio lugar. Ou, os lugares forman parte dos mosteiros que sobreviven aos tempos? Aqueles que veñen de atrás e que alongan a súa faciana cara ao sen fin, cara ao fin do universo ao que pertencen eles e as súas terras, a nosa terra e nós mesmos. En Pontevedra, ergue a testa coa crisma ergueita o dos mercedarios de Poio. Outro dos grandes de Galicia, irradiador de cultura, de arte e de saber. Un centro ou laboratorio para que os canteiros labren na pedra, escriban nela e fagan arte con parte do seu saber. Así o fai Paquita, unha monxa galega de Zamora, coa súa vida ao servizo dos iguais, cociñando, traballando, escribindo, rezando e estudando; repartindo bondade, andando e falando.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar