Case seis décadas da Festa do Polbo do Carballiño

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na Festa do Polbo do Carballiño, unha das 12 celebracións declaradas de Interese Turístico Nacional e que conta co apoio da Xunta de Galicia para a súa promoción. Esta festividade é un dos grandes expoñentes do potencial enogastronómico do interior de Galicia e demostra que a Comunidade conta cun sector primario de especial atractivo turístico.

Con esta festa ponse en valor a materia prima, pero tamén a tradición galega, a través do oficio dos polbeiros, que, como indicou a directora de Turismo, en festas como esta toman tamén todo o protagonismo. De feito, os visitantes poden comprobar ano a ano como se mantén o ancestral modo de preparar o polbo. A celebración –que conta cunha achega de 25.000 euros da Xunta de Galicia para accións de apoio á súa posta en marcha- cumpre este ano a súa LVI edición.

Como subliñou a directora de Turismo, o apoio á Festa do Polbo do Carballiño enmárcase no traballo do Goberno autonómico por impulsar os recursos diferenciadores de Galicia, como así se fixa entre os obxectivos da Estratexia do turismo de Galicia 2020. No caso de festas de interese turístico nacional, como o caso da festa que se está a celebrar esta fin de semana no Carballiño, Turismo de Galicia asina diferentes convenios de colaboración.
En total, Galicia conta nestes momentos con 141 festas repartidas por todo o seu territorio que gozan dalgún tipo de interese turístico. Delas, nove son de Interese Turístico

Internacional, 12 de Interese Turístico Nacional e 120 de Interese Turístico de Galicia. A do Polbo do Carballiño é unhas das catro festas de interese turístico da provincia ourensá que conta co recoñecemento nacional, á que se suman a Festa da Istoria de Ribadavia e os entroidos de Verín e de Xinzo de Limia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar