O Concello de Teo queda sen orzamentos pola inoperancia do goberno municipal

O Partido Popular de Teo critica ao actual equipo de goberno pola súa falta de inoperancia, ao non ser capaces de aprobar os orzamentos para este 2018. “No oitavo mes do ano, o equipo de goberno réxese pola incertidume á hora de investir os cartos da veciñanza, non ten unha folla de ruta concreta na que se dá conta onde se van a gastar os cartos públicos”, di José Manuel Guerra, portavoz dos populares no concello teense quen manifesta que este é un novo exemplo de que “dende hai tempo o alcalde renunciou a gobernar”.

Parécenos insultante que non saibamos onde van ir parar os nosos cartos, así como tampouco cal é a política orzamentaria que este equipo de goberno ten establecida para o presente ano.

Recordan os populares igualmente a falta á verdade do actual rexedor quen manifestara “en reiteradas ocasións nos Plenos celebrados este ano que aprobaría uns orzamentos cos que finalmente non se vai a poder contar”. Así o confirmaba Rafael Sisto, despois de explicar que o documento orzamentario para 2018 non se aprobaría porque había que incluir 3 millóns de euros por ter solicitado un crédito para colocar farolas na vila que descadraría as contas.

Tamén fan especial fincapé na “pouca coordinación e entendemento do actual equipo de goberno que nos ten abocados a fracasos continuos na toma de decisións e na parálise á que estamos sometidos os veciños e veciñas de Teo coa maneira de gobernar das Mareas”.

RETRASOS CONSTANTES NA APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS

O PP de Teo explica que “esta desidia por parte do equipo de goberno non é nada novo; Sisto tenos acostumados a unha política ocultación á oposición e tamén á veciñanza. No referente aos orzamentos nunca chegaron a presentarse dentro dos prazos legais en toda a lexislatura, xa que no ano 2016 aprobáronse o último día do mes de marzo, no 2017 a aprobación foi en xullo e no 2018, non imos a contar con orzamentos, quedamos á espreita do que sucederá no vindeiro ano 2019, pero seguindo a tónica de anos anteriores, seguramente o incompetencia do goberno local non será capaz de sacar adiante o documento orzamentario”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar