Festival de Lorient: Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega

O Festival Interceltique de Lorient naceu hai 48 anos co desexo dos seus fundadores de contribuír ao desenvolvemento da música e a cultura bretona e tamén aberto para as nacións celtas das Illas Británicas (Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man e Irlanda) e o norte de España (Galicia e Asturias). 

Co seu éxito, o interceltismo pasou as primeiras fronteiras celtas británicas e peninsulares para conectarse a outros lugares onde hai tamén un lugar de migración máis recente, como bandas australianas, canadienses ou latinoamericanas.

Nos dez días de festival, chegan á vila bretona máis de 4.500 artistas para participar nos máis de 120 espectáculos que se desenrrolan nos distintos espazos do festival, chegando a haber 120.000 espectadores de pago e 750.000 visitantes, o que o convirte no máis importante festival de Francia e do mundo.

  • Representación galega

Nesta edición adicada ao País de  Gales, a presenza galega é numerosa e destacada, chegando a todos os escenarios do festival. O gaiteiro moañés Anxo Lorenzo, tocará no “Quai de la Brretagne” o martes 7 de agosto e ao día seguinte participará na gran noite adicada á gaita . Unha proposta que leva enchendo escenarios de toda Europa nos últimos anos e que presenta un espectáculo que culminará cun disco en setembro.

Tamén chegará ao Interceltique Uxía. Rodeada dunha banda de destacados músicos galegos, presentará no “Theâtre de Lorient” as pezas do seu último traballo, “Uxía-o”, con letras de Novoneyra, co que ten acadado galardóns coma o mellor disco nos “Premios Opinión de música de raíz”.

Un dos pratos fortes é Rodrigo Romaní. O arpista de Noia chega para impartir a master-class de arpa o sábado 11 no Palais de Congrès, a previa ao concerto que realizará pola noite nese mesmo espazo. Servirá para presentar “Fíos de ouro no ar” acompañado da arpista Beatriz Martínez e a percusionista Xulia Feixóo.

Trofeo MacCrimmon de gaita peninsular contará coa presenza de catro representantes galegos que chegan logo dunha selección feita en abril no concello de Teo. Serán Xesús Rodríguez, Manuel Seoane, Diego Prieto e Raquel Vilas.

Banda de Gaitas Sons da Chaira, de Rábade, chegará por primeira vez a Lorient. É unha banda de recente creación pero cunha enorme proxección grazas ao traballo dos seus recoñecidos mestres: Brais Monxardín e Miguel Anxo López, “Chino”.

O grupo de baile chega dende a Mariña luguesa, trátase de Saiñas, unha formación de Xove que tamén debutará nesta 48º edición do festival.

Seimeira tocarán dentro da programación das músicas sacras, haberá master-class de baile tradicional… a presenza galega acada un dos seus grandes anos na vila bretona, deixando claro que a música galega é cada ano máis internacional.

Para información durante o festival ou material gráfico do mesmo, rogamos que o fagan saber coa maior antelación posible neste correo electrónico.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar