TVG: O voceiro do PP de Galicia, Pedro Puy, advertíu que “a transferencia da AP-9 no supón baixada de peaxes”

A actualidade política de Galicia centrou a entrevista do “Bos Días” da TVG desta mañá, co voceiro do Grupo Parlamentario Popular no Parlamento de Galicia, Pedro Puy . Durante a conversa con Marcos Sueiro, falou, entre outros temas, da transferencia da AP- 9 ou da recuperación do pazo de Meirás.

A entrevista de TVG íntegra, AQUÍ

En primeiro lugar fixo referencia ás novas publicadas esta mañá sobre o crecemento económico en España, dun 0.6% no segundo trimestre. Segundo Puy , “ estase a manter a inercia tras un gran período de parada, o aumento do consumo e as exportacións son os motores do crecemento”. O voceiro do PPdeG tamén falou da transferencia da AP-9, sobre o que argumentou que “levamos moitos anos pedindo esta transferencia. Entendemos que o control da concesión pode facerse mellor dende a proximidade”. Non obstante, explicou que “lograr a transferencia non supón a baixada das peaxes” e que non ía infundir expectativas que poden levar a engano. Durante a entrevista, outro dos temas destacados foi a recuperación do pazo de Meirás, do que dixo que “sempre seremos partidarios de pechar feridas e restablecer a convivencia sempre pola vía legal”. Puy referiuse ao informe do comité de expertos “ que demostra que o pazo tivo un uso público por parte de Franco”.

Outro dos temas principais da conversa foi o límite do teito de gasto, unha reforma que non tivo apoios parlamentarios da oposición nin dos partidos que apoiaron a Sánchez. Segundo Puy , “trátase dunha operación enganosa. As comunidades non rexeitan ter máis cartos, senón que non quixeron incrementar a súa capacidade de endebedamento. Para Puy, “é típico do PSOE gastar e logo deixar a deber, é a saída fácil”.

O político popular finalizou a entrevista falando dos cambios na secretaría xeral do seu partido, do que dixo que “non xirou a dereita, senón que viviu un proceso cara os militantes, agora ten que referirse á maioría social”. Puy mostrouse “satisfeito” co Congreso e afirmou que Pablo Casado está a facer unha labor de integración dos outros candidatos. Ademais, afirmou que “será o tempo o que diga se o Partido Popular acertou elixindo o seu líder”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar