Concello de Teo: “Nula xestión” do goberno municipal, sen orzamentos para este ano

“A desidia e a falta de xestión marcaron o último pleno celebrado en Teo”, é así como describe o portavoz dos populares José Manuel Guerra a última xuntanza de goberno e oposición para tratar de aprobar uns orzamentos que non chegarán a ser unha realidade neste 2018.

“A pésima xestión do equipo de goberno deixou a nosa vila sen orzamentos o 2018, unha vez máis o alcalde minte aos partidos da oposición e tamén á veciñanza, xa que en reiteradas ocasións en meses anteriores Sisto explicou ter ultimados uns orzamentos cos que finalmente non se vai contar”. Así o confirmaba o propio rexedor despois de explicar no Pleno que o documento orzamentario para 2018 non se aprobaría porque había que incluir 3 millóns de euros por ter solicitado o crédito para a colocación das novas farolas que descadraría as contas. O alcalde “pretende tapar as vergonzas dunha xestión económica crítica que é competencia exclusiva do alcalde.

Para José Manuel Guerra “cando o principio do teu goberno é actuar de maneira improvisada, os veciños e veciñas de Teo estamos abocados ao abismo. Non temos orzamentos, non existe unha planificación de onde van ir a parar os nosos impostos nin tampouco cal vai a ser o rumbo que o Concello vai a coller”.

 

Grandes incógnitas na municipalización das escolas

 

Os populares preguntaron no Pleno sobre o trascurso dos trámites para municipalizar as escolas infantís. A falta de xestión á hora de renovar o contrato coa empresa concesionaria do servizo, fixo que o Concello de vise abocado a municipalizar este servizo.

O PP interesouse no Pleno polos traballadores e traballadoras que actualmente están empregados neste servizo, “queremos coñecer cal vai a ser a súa situación e saber como vai a afectarlles esta medida”, dixo Guerra. Para sorpresa dos populares, o concelleiro responsable da área e tenente alcalde, Ignacio Iglesias, xa respondeu en pleno pasado que descoñecía o número de empregados aos que afectaría a medida. Así mesmo, cando se lle preguntou polo comezo de curso, contestóuselles que podería empezar “a mediados de setembro ou outubro”. Os populares apuntan que “o único que parecen ter claro segundo as manifestacións do alcalde, é que as tramitacións administrativas pertinentes coa delegación de competencias preceptivas por parte da Xunta non chegarán ata finais de outubro ou novembro por ter feito este proceso tarde, mal e improvisadamente”.

 

Dende o PP acusan ao goberno das Mareas de realizar unha política baseada na improvisación e na deixadez que repercute negativamente na calidade de vida da veciñanza.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar