Encuentro entre la Xunta y los constructores de Pontevedra

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo unha xuntanza cos representantes da recentemente constituída Asociación de Construtores de Pontevedra, na que lle expuxeron os obxectivos da Asociación que botou a andar o pasado mes de novembro e que ten como prioridade incentivar o desenvolvemento e o crecemento do sector, ademais de xerar emprego.

A Asociación de Construtores de Pontevedra (ACP), está constituída por 20 empresas da provincia de Pontevedra, que agrupan a uns 1.500 traballadores e tal como indicaron no seo da reunión teñen como finalidade manter unha interlocución constante e fluída entre o sector e as Administracións Públicas, así como intentar fortalecer o sector da construción na provincia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar