O BNG preséntase como “a casa común”

A portavoz nacional, Ana Pontón, proclamou na compostelá Praza da Quintana que o BNG é “a casa común” na que caben todas as persoas que queren sumar por Galicia e pediu máis xenerosidade ca nunca “con todas os galegos que senten esta nación” para liderar o novo tempo político que, avanzou, terá o punto de partida nas eleccións municipais de 2019.

“O BNG é a casa común, o proxecto común deste pobo, e nel collemos todas e todas. O BNG é por esencia xeneroso, sexamos máis xenerosas que nunca e abramos ás portas a todas as persoas que queiran partillar con nós a defensa de Galicia e a busca dun futuro mellor. Con intelixencia, pero cos brazos abertos, sumemos e sumemos”, proclamou a líder nacionalista, porque “un edificio sólido pode construírse con diferentes materiais, non importa que tipo de madeira ou de pedra son, o que debe importarnos e que sexan auténticos e de calidade”.

 

Pontón deixou claro que o país precisa un cambio para rectificar o guión de abandono e de discriminación que as forzas estatais, -vellas e novas, de dereita e de esquerda-, reservan para Galicia, “uncambio que só será real se está liderado polo Bloque”.

“Galicia necesita un cambio de rumbo urxente que só pode representar o BNG porque é o único que ten a cabeza e o corazón neste país. É o noso reto. Este cambio ten que comezar nas vindeiras municipais de 2019. Sumando persoas e ideas, temos que ofertar a cada un dos concellos un proxecto nacionalista que poña en valor as potencialidades propias e permita avanzar cara un futuro mellor”, declarou.

Por contra, “non van vir solucións nin un futuro mellor dun Feixoó que tivo medo a un descalabro monumental pero que anuncia que partirá a Madrid en 2020 se o panorama do PP estatal está máis despexado. Non virán as solucións de futuro nesa situación, nin dun PP que ocupa a Xunta de xeito rutineiro, sen ideas, sen proxecto, sen perspectiva mais alá do poder polo poder e da tapar as súas carencias coa propaganda”, advertiu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar