Ourense:“La Molinera” remata esta semana os compamentos tecnolóxicos

 

Os Campamentos Tecnolóxicos de La Molinera rematarán esta semana co último dos cinco cursos programados polo Concello de Ourense, a través da Concellería de Promoción Económica para achegar as novas tecnoloxías aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os oito e os 16 anos.

Do 23 ao 27 de xullo, un total de 30 menores aprenderán sobre drones, nunha actividade que lles permitirá acceder á pilotaxe de drones e a un simulador de drones.

É o quinto dos campamentos organizados neste verán en horario de 09:30 a 13:45 horas e polos que pasaron un total de 150 menores, o que convirte esta actividade no campamento tecnolóxico máis importante que se celebra en Galicia, polo número de participantes e pola ampla oferta formativa.

A través desta actividade a Concellería de Promoción Económica aposta por promover o achegamento e democratización das novas tecnoloxías entre a xente máis nova.

Así, dende a última semana de xuño até a última de xullo, os alumnos puideron experimentar co mundo audiovisual, na última semana de xuño; ser participes de inmersións en Realidade Virtual, na primeira semana de xullo; crear mundos dixitais onde van vivir a través da arquitectura 3D, na segunda semana de xullo; prototipar novas solucións e videoxogos coa robótica, a 3ª semana de xullo; e finalizar xullo deixando voar a súa imaxinación pilotando drones.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar