O xoves, probas de funcionamento das alarmas dos encoros galegos

 

  A Xunta de Galicia ten previsto realizar o próximo xoves, 19 de xullo, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a un total de 22 presas con Plan de Emerxencia.

En total, durante a proba sonora activaranse máis de 60 sirenas situadas por todo o territorio. Realizarase coa colaboración dos titulares das infraestruturas: Alcoa, Endesa, Iberdrola, PHG e Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa). Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil e Augas de Galicia.

O primeiro sinal de aviso audible será a partir das 09,00 da mañá do día 19, augas abaixo da presa de Frieira.  E xa a partir das 10,00 soarán as sirenas adscritas ás presas de Castrelo, Albarellos, Portodemouros, Brandariz, Vilagudín, San Cosmade, Chandrexa, Guístolas, San Estevo, Santa Eulalia, San Martín, Montefurado, Sequeiros, Casoio, Pumares, Cenza, As Portas, O Bao, Prada, Touro e Río Cobo.

Estas probas non afectarán á actividade diaria dos veciños. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

Con este exercicio, preténdense acadar dous obxectivos principais: garantir a operatividade dos sistemas e que a poboación das zonas afectadas recoñeza o son da serea de aviso de evacuación.

En Galicia, actualmente hai 41 plans de emerxencia de presa aprobados. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación, como aos organismos xestores de Emerxencias. Son plans que buscan estar o mellor preparados posible para situacións que comporten riscos nestas instalación, e deste xeito garantir a seguridade dos cidadáns do entorno.

 

Aposta pola prevención

Desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior se quere subliñar a importancia que teñen este tipo de exercicios, xa que dan a coñecer á poboación da zona as medidas de autoprotección a aplicar en caso dunha emerxencia destas características, ademais de mellorar a coordinación efectiva entre as administracións e as empresas para garantir a seguridade na zona.

*Xuntamos cronograma das probas do 19 de xullo

 

NATURGY

HORA INICIO PRESA CONCELLOS ½ hora
9:00 FRIEIRA Crecente
10:00 CASTRELO Ribadavia, Castrelo do Miño, Arnoia, Melón
11:30 ALBARELLOS Boborás, Carballiño, Leiro, Beade, Cenlle
15:00 PORTODEMOUROS Vila de Cruces
16:00 BRANDARIZ Touro, Vila de Cruces
18:00 VILAGUDÍN Tordoia
19:00 SAN COSMADE Cerceda, Ordes

 

IBERDROLA

HORA INICIO PRESA CONCELLOS ½ hora
10:00 CHANDREXA Chandrexa
10:15 GUÍSTOLAS Trives, Ribas de Sil
10:30 SANTO ESTEVO Pantón, Sober
10:45 SANTA EULALIA O Bolo, Petín, Ribas do Sil
11:00 SAN MARTÍN Quiroga, Ribas do Sil
11:15 MONTEFURADO Quiroga, Ribas do Sil, A Rúa, Petín
11:30 SEQUEIROS Quiroga, Ribas do Sil
11:45 CASOIO Carballeda, O Barco
12:00 PUMARES Carballeda, O Barco
12:15 CENZA Viana do Bolo, Vilariño de Conso
12:30 AS PORTAS Viana do Bolo, Vilariño de Conso
12:45 O BAO Manzaneda, O Bolo, Petín Ribas de Sil

 

ENDESA

HORA INICIO PRESA CONCELLOS ½ hora
12:30 Prada A Veiga, O Bolo

PHG

HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
11:00. Touro Vila de Cruces, Touro

 

ALCOA

HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
12:30. Rio Cobo e dique Cervo

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar