O ex vicepresiente da Xunta, Xosé Luís Barreiro, lembra na TVG a figura de Albor

 

  No programa “Bos Días” da Televisión de Galicia Xosé Luis Barreiro Rivas, vicepresidente da Xunta de Galicia con Xerardo Fernández Albor e actualmente profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago. A entrevista estivo centrada na figura de Fernández Albor, o primeiro presidente da Xunta de Galicia, falecido no día de onte.

Acceso á entrevista, AQUÍ

Durante a conversa, Barreiro Rivas sinalou o “galeguismo conservador” de Fernández Albor e destacou “o seu labor na cimentación da actual autonomía galega”.  Tamén resaltou “a súa concepción idílica da política” e que “era incapaz de non formular a política en termos persoais”. Sobre a súa relación, Barreiro Rivas sinalou que “aínda que eramos moi diferentes, sempre nos complementabamos”.

O ex vicepresidente da Xunta tamén quixo aclarar a súa saída do Goberno, que, segundo explicou, se debera a que traizoou a confianza de Fernández Albor nunha mesa de Goberno. Barreiro Rivas explicou que esta saída do Goberno, que se debeu a un reproche á iniciativa de Albor diante de todos, “cómpre separala da moción de censura, que veu moito despois”.

Para rematar, Barreiro Rivas lembrou o labor que compartiron para gañar as  primeiras eleccións e para erguer unha autonomía histórica e dixo que “esta autonomía está máis sinalada pola obra da primeira lexislatura que por calquera das restantes”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar