Vigo:O alcalde apoiará a mobilización do sábado en defensa do pediatra

Abel Caballero avanzou a súa “adhesión” á mobilización convocada o próximo sábado 7 de xullo ás 19,00 h na estación de tranvía de Coruxo para reclamar a permanencia do pediatra no centro de saúde. Así llo trasladou esta mañá aos veciños de Oia, Saiáns, Coruxo e Comesaña cos que mantivo un encontro no que lles puxo de manifesto que as vacacións dos facultativos non son accidentes imprevisibles que xustifiquen a esta situación. Na súa opinión, o que está a Xunta está a desmantelar o servizo de pediatría destas catro parroquias o que tamén afectará a Navia xa que os profesionais dese centro de saúde terán que atender a máis nenos.

O alcalde anunciou o envío dunha carta ao presidente da Xunta reclamando a reposición do pediatra, así como unha planificación do como se van suplir as vacacións os próximos anos. “Imos defender a sanidade de Oia, Saiáns, Coruxo e Comesaña, empezando polo pediatra e xa lle advirto a Feijóo, proseguiu, que non imos permitir o desmantelamento da sanidade na cidade de Vigo”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar