Ourense mellora a sinalización na contorna dos colexios

O Concello de Ourense, concienciado polo respecto das normas viais,e especialmente na contorna de centros educativos, colocou sinalización horizontal e vertical relativa ás zonas delimitadas a 30 km/h, así como bandas sonoras para a redución de velocidade. “Estas melloras axudarán a reducir a velocidade no núcleo urbano, evitando o risco de atropelos e garantindo a seguridade en zonas especialmente sensibles, coma a contorna dos centros educativos”, sinala o concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá, Carlos Campos.

Os 12 centros educativos que xa dispoñen desta sinalización (horizontal, vertical e bandas) son os CEIP Vistahermosa, Amadeo Rodríguez Barroso (foto), Manuel Sueiro, Covadonga – Eiroás, O Couto, A Ponte, Albino Núñez, e Manuel Luís Acuña; os CPR Divino Maestro, Padre Feijóo – Zorelle; o CPI José García García – Mende, e o IES Xulio Prieto Nespereira.

 

Do mesmo xeito, os seguintes colexios incorporan á sinalización horizontal e vertical, regulación semafórica específica para os colexios: Os CPR María Auxiliadora – Salesianos, Santa María – Maristas, Divina Pastora Franciscanas, San Pío X, San José – Josefinas, Santa Teresa de Jesús – Carmelitas; e os CEIP Irmáns Villar, Curros Enríquez, A Ponte, Manuel Luís Acuña e Mestre Vide.

Ademais, a Concellería de Tráfico vén de realizar melloras en materia de sinalización horizontal nas rúas Xoán XXIII, Curros Enríquez e Ramón Puga. Os traballos consistiron no pintado de pasos de peóns, liñas de divisións de carrís, frechas de dirección, símbolos de velocidade e de peóns na estrada, así como das paradas de autobús.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar