Saénz de Santamaría pon a Ourense como exemplo de victoria do PP

“O PP mira moito para Ourense, porque o PP de Ourense é un exemplo do que temos que facer para volver a gañar”, declarou a precandidata á presidencia nacional do PP, Soraya Sáenz de Santamaría, que estivo en Ourense para presentar aos militantes ourensáns o seu programa electoral. A candidata sinalou que “agora que todo o mundo quere parecerse a outra cousa eu quero ser Soraya, ser do PP e gañar como gaña Baltar”.
Acompañada por Fátima Báñez, deputada por Huelva e ex ministra de Emprego, Sáenz de Santamaría dixo presentarse á presidencia do PP nacional “porque creo que podo axudar ao meu partido a gañar as eleccións municipais de 2019 e porque podo gañar a Sánchez nas próximas xerais”.
O Partido Popular, engadiu, “ten que estar a punto para recuperar un goberno que lle arrebataron inxustamente aos españois”. Este é un momento importante para os afiliados e para España, dixo, “xa que temos a oportunidade de elixir non só ao presidente do noso partido senón tamén a quen vai ser o candidato á presidencia do goberno”.
No inicio do encontro, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, enfatizou que o PP “é un partido de goberno que ten a obriga de recuperar para os españois a dirección desta nación”.
Na actualidade, engadiu, “o que estamos a ver e que ademais de novos valores que deron un paso adiante neste proceso electoral, o PP aporta a enorme experiencia de persoas como Sáenz de Santamaría”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar