Pleno Deputación de Ourense:Reducción de tarifas de aparcamento no Hospital e relación de postos de traballo

A cidade de Ourense contará dende agora co aparcadoiro público máis barato de Galicia. O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na sesión ordinaria correspondente ao mes des xuño, a redución de tarifas do estacionamento do hospital, no que tamén se propoñen tarifas especiais para bonos por días, bonos para empregados do CHUOU e para residentes. Desta maneira, o pleno aproba a modificación do contrato de concesión para a explotación do estacionamento para vehículos en terreos anexos ao Hospital “Santa María Nai” de Ourense, que terá efectos a partires don vindeiro 1 de xullo no que atinxe ás tarifas do servizo que serían as seguintes: primeiros 30 minutos (0,00 €/minuto), seguintes 30 minutos (0,025 €/minuto) e o resto do tempo (0,020 €/minuto). E tamén se propoñen tarifas especiais para bonos que van dos 4 días ao mes, para bonos de empregados do CHUOU, para residentes ou por horas. Ademais, aprobouse que o canon que deberá aboar a concesionaria é de 37.819,13 euros no ano 2018 e de 26.375,50 euros no ano 2019 e seguintes ata a extinción da concesión.

Por outra banda, a corporación provincial aprobou inicialmente a Relación de Postos de Traballo do persoal da Deputación de Ourense, conforme co documento aprobado na Mesa Xeral de Negociación do pasado 6 de xuño. A súa aprobación definitiva determinará a obriga de incorporar as súas previsións nos orzamentos da Deputación para o exercicio 2019. Neste mesmo senso, aprobouse tamén inicialmente o Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2018, complementario á RPT da Deputación de Ourense.

No que atine ao sector vitivinícola na sesión plenaria acordouse: instar ao Ministerio de Agricultura a modificar de xeito urxente o Real decreto 772/2017, do 28 de xullo, recollendo nos criterios de admisión de solicitudes a especificade do sector vitivinícola na provincia de Ourense, que tamén concorre en Galicia; instar á Xunta de Galicia estudar de xeito urxente as medidas necesarias que permitan adaptar os criterios de concesión de novas plantacións de viñedo á realidade do sector na provincia de Ourense, que tamén é de Galicia; instar á Xunta de Galicia, en colaboración coa Deputación de Ourense e os consellos reguladores de denominación de orixe do viño, poñer en marcha un plan de formación que permita acreditar a viticultores e adegueiros a capacidade e competencia profesionais recollidas no artigo 8 do Real decreto 772/2017, do 28 de xullo; e instar ao Goberno central para garanta que os mozos instalados en explotacións agrarias de orientación produtiva vitícola ou vitivinícola poidan acceder ás novas plantacións para poder ampliar a base territorial da explotación.

Outro dos temas aprobados hoxe pola corporación provincial foi o expediente nº 2/2018 para a modificación de créditos nos vixentes orzamentos da Deputación. Dentro desta modificación, a Deputación de Ourense aprobou unha achega de 296.235 euros para Meisa, como mostra da firme aposta da Deputación de Ourense a prol da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento da súa comarca e do turismo e dos deportes de natureza na provincia de Ourense e no resto de Galicia. A Deputación de Ourense xa investiu en anteriores anos 1,5 millóns de euros xunto con outros 1,5 millóns da Xunta de Galicia para adquirir os canóns de produción de neve, co correspondente salto de calidade na propia instalación xunto con outras innovacións tecnolóxicas que se están a realizar.

 

 

ACORDOS

 

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

 

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente a Relación de Postos de Traballo do persoal da Deputación Provincial de Ourense, conforme co documento aprobado no seo da Mesa Xeral de Negociación do 6 de xuño de 2018, modificado para adaptalo ao sinalado no parágrafo último da consideración xurídica terceira do informe de Secretaría Xeral.

 

De conformidade co establecido no artigo 38.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, a aprobación definitiva da RPT determinará no seu momento a obriga de incorporar as súas previsións nos orzamentos da Deputación incorporación que se realizará nos orzamentos para o exercicio 2019. No obstante, e por excepción, aplicaranse no presente exercicio e con efectos do 1 de xaneiro de 2018, as determinacións da RPT que se indican, ao existir nesa data os supostos de feito necesarios para a eficacia de tales determinacións:

  1. O incremento do 1,5% na contía do complemento específico en todos os postos, e demais, con efectos do 1 de xullo de 2018, un incremento adicional do 0,25%.
  2. A revisión o complemento específico dos postos de xefatura da Secretaría Particular da Presidencia e Protocolo, encargado do Parque de Maquinaria e xefatura do equipo de maquinaria e cooperación.
  3. O incremento do complemento de destino dos axudantes de maquinaria.
  4. Os efectos económicos da unificación dos postos de operario báscula portátil e aforos, laborantes, operario de báscula e acopios, e os de operario de sinais e laborante.

2º.-  Someter a información pública, durante o prazo de 20 días hábiles, o documento inicialmente aprobado, mediante anuncio no BOP, para a formulación de alegacións ou reclamacións. Se transcorrido o prazo de información pública non se formulan alegacións ou reclamacións, entenderase automaticamente aprobada de forma definitiva. Se se formulan alegacións ou reclamacións estar serán resoltas polo Pleno.

 

PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS 2018

 

Acordo:

 

1º.- Aprobar inicialmente o Plan de Ordenación de Recursos Humanos, complementario á RPT da Deputación Provincial de Ourense, co seguinte contido:

  1. I) Memoria xustificativa.
  2. II) Determinacións do Plan:

1) Medidas de reestruturación do cadro de persoal:

Determinación de escalas e subescalas de funcionarios de carreira.

Determinación das categorías profesionais para persoal laboral fixo.

Normas sobre titulacións de acceso ás categorías profesionais do cadro laboral e funcionarial de persoal.

2) Procedementos para a provisión dos postos de traballo establecidos na R.P.T. ó persoal provincial.

Procedementos de acceso a postos de 2ª actividade.

Normas relativas aos postos obtidos por libre designación.

3) Criterios xerais para o deseño da oferta de emprego público de 2018.

4) Normas sobre prórroga do persoal funcionario maior de sesenta e cinco anos

5) Normas sobre entrada en vigor e vixencia do Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2018.

  1. Memoria xustificativa:

A proposta de RPT 2018, introduce unicamente modificacións puntuais na estrutura de postos de traballo da administración provincial, así como a creación de novos postos e supresión de postos vacantes.

De todas estas modificacións, ningunha esixe a adopción de medidas de reordenación de persoal.

Este plan contempla medidas de carácter xeral que concretan diferentes aspectos da política de persoal da Deputación, referidas ás seguintes cuestións:

– No cadro de persoal funcionario, mantense a declaración a extinguir dos subalternos de administración xeral, xa acordada no Plan de ordenación do exercicio 2015.

-Actualízase o cadro de categorías profesionais do persoal funcionario, creándose a categoría de enxeñeiro/a técnico/a forestal na escala de administración especial, subescala técnica, clase técnico medio.

-Suprímese a categoría de auxiliar técnico/a de recadación e xestión tributaria (C2), e os postos que tiñan a dita categoría pasan a ter a de auxiliar de administración xeral.

– Mantéñense as normas específicas de desenvolvemento do disposto no artigo 69.4 da Lei de emprego público de Galicia, en materia de prórroga da situación de servizo activo do persoal funcionario trala idade de xubilación ordinaria, co fin de cumprir o obxectivo xeral de contención do gasto de persoal.

– Por último, establécense os criterios xerais para a elaboración da oferta de emprego público para o exercicio 2018, remitíndose ás futuras previsións da Lei de orzamentos xerais do Estado para o dito exercicio (pendente a súa aprobación). Introdúcese ademais a previsión establecida no artigo 80 da Lei de emprego público de Galicia, en canto a que o 25 % das prazas de funcionarios ofertadas se reserven para a promoción interna, estendendo ese mínimo, igualmente, ás prazas do persoal laboral.

Polo que respecta á documentación que integra este Plan – composta pola presente memoria xustificativa e as determinacións, estímase que recollen as previsións establecidas no artigo 47.4 da Lei de emprego público de Galicia, ao definir suficientemente o ámbito de aplicación e vixencia do Plan, os seus obxectivos e as medidas de ordenación previstas.

No que respecta ao cronograma detallado da súa implantación e aplicación, o Plan detalla os prazos nos que se deben adoptar as diferentes medidas previstas, sendo de aplicación inmediata coa súa entrada en vigor aquelas medidas para as que non se establecen prazos específicos. Estímase innecesario o informe económico – financeiro, dado que as determinacións do Plan non implican gastos para a Administración provincial.

  1. Determinacións do Plan.

1) Medidas para a reestruturación do cadro de persoal:

  1. a) Determinación das escalas e subescalas do persoal funcionario de carreira da Deputación Provincial de Ourense:

O cadro de persoal da Deputación Provincial de Ourense intégrase polas seguintes escalas, subescalas, clases e categorías:

Escala de administración xeral

Subescala técnica:

Grupo de titulación: A1

Titulación de acceso: estar en posesión do título universitario de Grao ou equivalente.

Subescala de xestión:

Grupo de titulación: A2

Titulación de acceso: estar en posesión do título universitario de Grao ou equivalente.

Subescala administrativa:

Grupo de titulación: C1

Titulación de acceso: Bacharelato ou técnico ou equivalente.

Subescala auxiliar:

Grupo de titulación: C2

Titulación de acceso: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

Subescala subalterna:

Grupo de titulación: agrupación profesional sen requisito de titulación.

Observacións: categoría para extinguir.

Escala de administración especial:

Subescala técnica, estruturada nas seguintes clases e categorías:

  1. a) Clase técnico superior (A1)

Técnico/a superior en administración financeira e tributaria

Letrado/a da Deputación Provincial

Enxeñeiro de obras e servizos provinciais

Enxeñeiro/a superior industrial

Arquitecto/a

Veterinario/a

Técnico/a superior de laboratorio

Tradutor/a de lingua galega

  1. b) Clase técnico medio (A2)

Asistente social

Técnico/a especialista en laboratorio

Enxeñeiro/a técnico de obras públicas

Enxeñeiro/a técnico agrícola

Enxeñeiro/a técnico industrial

Enxeñeiro/a técnico forestal

Arquitecto/a técnico

  1. c) Clase técnico auxiliar (C1)

Oficial de obras e servizos

Oficial técnico de obras

Delineante

Técnico/a auxiliar agrícola

Subescala de servizos especiais, estruturada nas seguintes clases e categorías:

Clase prazas de cometidos especiais

Técnico/a superior en desenvolvemento local e recursos europeos (A1)

Técnico/a superior en administración cultural (A1)

Técnico/a superior en prevención de riscos laborais (A1)

Técnico/a superior en xestión de instalacións deportivas municipais (A1)

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información (A1)

Xestor/a de administración cultural (A2)

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información (A2)

Técnico/a especialista en recursos humanos e formación profesional (A2)

Técnico/a especialista en desenvolvemento local e recursos europeos (A2)

Técnico/a especialista en xestión tributaria e recadación (A2)

Técnico/a especialista en xestión orzamentaria e contable (A2)

Técnico/a especialista en prevención de riscos laborais  (A2)

Técnico/a especialista en medio ambiente (A2)

Oficial técnico/a en seguridade e saúde (C1)

Técnico/a superior informático (B)

Técnico/a auxiliar informático (C1)

Técnico/a auxiliar en medio ambiente (C1)

Auxiliar informático (C2)

Programador/a informático/a (C1). Categoría para extinguir

Clase persoal de oficios

Rexente de edificios e instalacións (C1). Categoría para extinguir

Axudante de obras e servizos (C2). Categoría para extinguir

Chofer de presidencia

Condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais (C2) Categoría para extinguir.

Chofer especialista (C2). Categoría para extinguir

Oficial taller (C2). Categoría para extinguir

Legoeiro/a (agrupación profesional sen requisito de titulación) Categoría para extinguir

  1. b) Determinación de categorías profesionais para o persoal laboral fixo

O cadro de persoal laboral da Deputación Provincial de Ourense queda estruturado nas seguintes categorías profesionais:

Técnico/a medio de asistencia ós grupos políticos (A2)

Profesor/a superior de gaita (A2)

Profesor/a axudante de gaita (C1)

Profesor/a de percusión (C2)

Profesor/a superior de danzas, pandeireta e canto (A2)

Profesor/a axudante de danzas, pandeireta e canto (C1)

Oficial técnico de escenario, luces e son (C1)

Oficial de explotacións agropecuarias (C1)

Oficial de obras e servizos (C1)

Oficial de edificios e instalacións (C1)

Axudante do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández (C2)

Axudante de imprenta (C2)

Axudante de escenario, luces e son (C2)

Maquinista (C2)

Axudante de obras e servizos (C2)

Auxiliar de servizos (C2)

Auxiliar de servizos de recollida de animais abandonados (C2)

Auxiliar técnico/a de obras (C2)

Auxiliar técnico/a de laboratorio (C2)

Condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais (C2)

Chofer especialista (C2)

Albanel (C2)

Mecánico/a – electricista- soldador/a (C2)

Chapista (C2)

Pintor/a (C2)

Capataz de explotacións agropecuarias (C2)

Capataz de zonas verdes e limpeza viaria (C2)

Tractorista (C2).

Cociñeiro/a (C2). Categoría para extinguir

Condutor/a especialista de explotacións agropecuarias (C2)

Construtor/a de gaitas e instrumentos musicais tradicionais de Galicia (C2)

Operario/a do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández (agrupación profesional sen requisito de titulación)

Operario/a de mantemento (agrupación profesional sen requisito de titulación)

Telefonista (agrupación profesional sen requisito de titulación)

Axudante de soldador (agrupación profesional sen requisito de titulación)

Legoeiro/a (agrupación profesional sen requisito de titulación)

Peón agrícola (agrupación profesional sen requisito de titulación)

Operario/a sen cualificar (agrupación profesional sen requisito de titulación)

Operario/a limpador (agrupación profesional sen requisito de titulación)

Porteiro/a (agrupación profesional sen requisito de titulación)

Legoeiro/a especialista (agrupación profesional sen requisito de titulación). Categoría para extinguir

Operario/a de báscula (agrupación profesional sen requisito de titulación). Categoría para extinguir

Auxiliar de biblioteca (A2). Categoría para extinguir

Bombeiro/a – condutor/a (C2)

Monitor/a deportivo de sala fitness (C2)

Monitor/a de lecer no rural (C2)

  1. c) Normas sobre titulacións de acceso ás categorías profesionais do cadro laboral e funcionarial de persoal:

As titulacións de acceso ás categorías profesionais do persoal laboral e ás escalas, subescalas, clases e categorías de persoal funcionario estableceranse nas bases reguladoras das correspondentes convocatorias, atendendo ao disposto na lexislación educativa vixente e procurando, na medida do posible, a apertura ao maior número de titulacións existentes, sempre que as ditas titulacións permitan presumir, en atención ao contido dos respectivos ciclos formativos, un grao de coñecemento suficiente para as funcións xenéricas da categoría.

2) Procedementos para a provisión dos postos de traballo establecidos na RPT:

a). Procedementos de acceso a postos de 2ª actividade:

Os procedementos de acceso a postos de 2ª actividade vacantes a partir do 1 de xaneiro de 2018 estableceranse por resolución da Presidencia no primeiro cuadrimestre do exercicio, trala negociación previa do seu deseño e contido na Mesa Xeral de Negociación.

b). Normas relativas aos postos obtidos por libre designación: os funcionarios que accedan a postos obtidos mediante procedementos de libre designación, terán, en caso de cesamento, dereito á asignación dun posto co mesmo nivel retributivo e funcións similares ao que anteriormente obtiveran por concurso.

3) Criterios xerais para o deseño da oferta de emprego público de 2018:

Os criterios xerais para o deseño da oferta de emprego público de 2018 serán os seguintes:

1º) A oferta pública de prazas de acceso libre elaborarase consonte cos criterios que determine a Lei xeral de orzamentos do Estado vixente e, en todo caso, restrinxida a aqueles supostos que se consideren absolutamente prioritarios para o funcionamento da administración provincial.

2º) En todo caso, a oferta de emprego público reservará, como mínimo, o 50 % das prazas vacantes ofertadas para a promoción interna, tanto se se trata de prazas de persoal funcionario como de persoal laboral.

3º) En ningún caso poderán incluírse na oferta de emprego público prazas declaradas para extinguir no presente Plan.

4) Normas sobre concesión de prórroga do servizo activo a persoal funcionario que exceda dos sesenta e cinco anos de idade.

  1. A xubilación forzosa do persoal funcionario declararase de oficio ao cumprir a persoa a idade legalmente establecida.

Non obstante o anterior, o persoal funcionario poderá solicitar, cunha antelación mínima de tres meses e máxima de catro meses á data na que cumpra a idade de xubilación forzosa, a prolongación da permanencia na situación de servizo activo, ata o cumprimento da idade máxima legalmente establecida, que se concederá, no seu caso, por períodos dun ano renovables anualmente a solicitude da persoa interesada, presentada cun prazo de antelación mínima de tres meses á data de finalización da prolongación concedida. Se non presentara solicitude en prazo, declararase de oficio a xubilación forzosa.

  1. A aceptación ou denegación destas solicitudes resolverase de forma motivada sobre a base dalgúns dos criterios seguintes:
  2. a) Resultados da avaliación do desempeño da persoa solicitante, conforme co establecido no artigo 68.4 da Lei de emprego público de Galicia.
  3. b) Capacidade psicofísica da persoa solicitante, acreditada conforme co establecido no artigo 68.4.c) da Lei de emprego público de Galicia.
  4. c) A existencia de razóns organizativas que determinen a denegación da prórroga do servizo activo.

Para estes efectos, decláranse como razóns organizativas determinantes da denegación da prórroga do servizo activo as seguintes:

– A non necesidade do posto para a normal realización das funcións correspondentes á unidade administrativa na que se encadre. A dita circunstancia deberá acreditarse mediante informe detallado emitido polo director da área correspondente, ou, no seu defecto, polo director do centro, servizo ou unidade de que se trate, sen prexuízo da incorporación ao expediente de cantos informes adicionais se consideren convenientes.

No suposto en que a solicitude de prórroga sexa denegada por esta razón, o posto deberá ser suprimido na primeira modificación da RPT que se tramite, e ata tanto non se leve a efecto a supresión, non poderá ser obxecto de provisión temporal ou definitiva por ningún medio.

– A existencia, no cadro de persoal da Deputación, de persoal capacitado para o desempeño do dito posto ou para a asunción efectiva das súas funcións, sen necesidade de incorporar a persoal de novo ingreso, temporal ou interino. Esta circunstancia acreditarase mediante informe do xefe do Servizo de Recursos Humanos.

– A previsión da supresión do posto, ou da unidade administrativa na que se integre, na Relación de Postos de Traballo vixente.

  1. Procederá tamén a xubilación dos funcionarios en situación de prórroga do servizo activo, trala instrución previa de expediente que poderá iniciarse de oficio ou a instancia da persoa funcionaria interesada, cando se declare a incapacidade permanente para o exercicio das súas funcións, ben por inutilidade física ou psíquica ou por diminución apreciable das súas facultades.
  2. En calquera caso, será preceptiva a audiencia no expediente do interesado.

5) Normas sobre entrada en vigor e vixencia do Plan de Ordenación de Recursos Humanos  2018.

As disposicións do presente Plan de Ordenación de Recursos Humanos entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, sen prexuízo da súa retroactividade, con efectos do 1 de xaneiro de 2018, nos casos expresamente contemplados nas ditas disposicións normativas, para o suposto de que a publicación se produza con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018. En todo caso, non terán efecto retroactivo as disposicións restritivas de dereitos dos empregados públicos.

O Plan terá vixencia indefinida ata a súa substitución ou modificación por un Plan posterior ou norma de superior rango xerárquico.   

 

2º.- Someter a información pública, durante o prazo de 30 días hábiles, a documentación inicialmente aprobada, mediante anuncio no BOP, para a formulación de alegacións ou reclamacións. Se transcorrido o prazo de información pública non se formulan alegacións ou reclamacións, entenderase automaticamente aprobado de forma definitiva. Se se formulan alegacións ou reclamacións estas serán resoltas polo Pleno.

 

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA POR CRÉDITO EXTRAORDINARIO N.º 2/2018

 

Acordo:

 

1º.-  Aprobar inicialmente a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:

CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS DE INVESTIMENTOS

 

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
433.00/831.00 Préstamo a longo prazo. Desenvolvemento empresarial 296.235,29

 

RECURSOS UTILIZADOS

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
453.12/622.00 Edificios y Outras construcións. Parque de Maquinaria 19.000,00
453.12/623.00 Maquinaria, instalacións técnicas e ferramentas. Parque de Maquinaria 136.000,00
453.12/624.00 Elementos de transporte. Parque de Maquinaria 50.000,00
162.35/624.00 Elementos de transporte. Unidade Provincial xestión lixo 91.235,29

 

2º.- Aprobar a modificación, no que se refire á especificación do capítulo IV e VII de gastos, experimentando as seguintes variacións:

  Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/462.16 “A Concellos. Transferencias correntes”, prevíase unha subvención ao Concello de Paderne de Allariz para a redacción proxecto Escola Infantil  por importe de 17.678,00 euros. En base á solicitude verbal do Alcalde do Concello de data 24 de abril de 2018 ante o requirimento de documentación, proponse o cambio de beneficiario de dita subvención a favor de “ Mancomunidade Concello de Ourense” debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento, quedando da seguinte maneira.

 

– 450.12/463.01  “ Transferencias correntes mancomunidades. Cooperación provincial”:

Beneficiario Finalidade Importe
Mancomunidade Concello de Ourense Redacción Proxecto Escola Infantil 17.678,00 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01  “A Concellos subvención convenios. Cooperación Provincial”, prevíase unha subvención ao Consello de Esgos para a obra “Mellora de abastecemento o núcleo de Xaravedra” por importe de 25.000,00 €. En base á solicitude recibida do Alcalde do Concello de data 29 de maio de 2018 , proponse o cambio de finalidade de dita subvención debido á existencia dun erro na denominación do núcleo no que se van a realizar as obras, quedando da seguinte maneira,

 

– 450.12/762.01  “A Concellos subvención convenios. Cooperación Provincial”

 

Beneficiario Finalidade Importe
Concello de Esgos Melloras de abastecemento ao núcleo de Esgos 25.000,00 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/489.30 “Actividades culturais e recreativas. Outras subvencións”, prevíase unha subvención a Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos para actividades 2018 por importe de 20.000,00 euros. En base á solicitude da Presidenta da Agrupación Folclórica  Queixumes dos Pinos de data 05 de xuño de 2018, proponse o cambio de finalidade de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento, quedando da seguinte maneira:

 

– 334.20/489.30 “Outras subvencións . Actividades culturais e recreativas”

 

Beneficiario Finalidade Importe
Queixumes dos Pinos Gastos de funcionamento 2017 e adquisición estufas de pellets para calefactar o centro social. 20.000,00 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos subvencións. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Carballeda de Valdeorras por importe de 18.000,00 euros para a colocación de vidreiras na igrexa de Sobradelo . Proponse a corrección do beneficiario de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento quedando da seguinte maneira:

 

336.11/ 789.04 “  Outras transferencias Bispado de Astorga. Patrimonio histórico artístico”:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Bispado de Astorga Colocación de vidreiras na igrexa de Sobradelo 18.000,00 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos subvencións. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Xinzo de Limia por importe de 8.000,00 euros para “Campás San Pedro de Laroá”.  Proponse a corrección do beneficiario de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento, quedando así da seguinte maneira:

336.11/ 789.03 “Outras transferencias. Bispado de Ourense. Patrimonio histórico Artístico”:

Beneficiario Finalidade Importe
Bispado de Ourense Campás San Pedro de Laroá 8.000,00 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos subvencións. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Xinzo de Limia por importe de 9.150,00 euros para a finalidade de  “ Adquisición equipamento musical para Agrupación Musical da Limia”. Proponse a corrección do beneficiario de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento, quedando así da seguinte maneira:

 

334.20/789.03  “ Outras transferencias asociacións. Actividades culturais e recreativas”:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Agrupación Musical da Limia Adquisición equipamento musical para Agrupación Musical da Limia 9.150,00 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/489.30 “Actividades culturais e recreativas. Outras subvencións”, prevíase unha subvención a Fundación Sotelo Blanco para Museo Arqueolóxico Ribeira Sacra por importe de 25.000,00 euros. Proponse o cambio de finalidade de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento, quedando da seguinte maneira:

 

– 334.20/489.30   “Outras subvencións . Actividades culturais e recreativas”

 

Beneficiario Finalidade Importe
Fundación Sotelo Blanco Museo Antropolóxico Ribeira Sacra Olegario Sotelo Blanco 25.000,00 €

 

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/463.01 “Cooperación provincial. Transferencias correntes mancomunidades”, prevíase unha subvención a Mancomunidade Riós – Gudiña  por importe de 20.000,00 euros para “ Aforro enerxético”. Proponse a corrección do beneficiario de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento, quedando así da seguinte maneira,

 

450.12/463.01 “ Transferencias correntes mancomunidades. Cooperación provincial”:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Mancomunidade Intermunicipal Conso – Frieiras Aforro Enerxético 20.000,00 €

 

3º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente probado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións. Por todo o anteriormente exposto, proponse aprobar a presente modificación pola Corporación en Pleno.

 

MODIFICACIÓN DO CONTRATO DO SERVIZO DE ESTACIONAMENTO DE VEHÍCULOS NOS TERREOS ANEXOS AO HOSPITAL SANTA MARIA NAI, NO RELATIVO AO CADRO DE TARIFAS E AO CANON CONCESIONAL

 

Acordo:

 

Aprobar a modificación do contrato de concesión para a explotación do estacionamento para vehículos en terreos anexos ao Hospital Santa María Nai, con efectos do 1 de xullo de 2018, no relativo ás tarifas do servizo e ao canon concesional, quedando nos seguintes termos:

 

Tarifas xerais:
Primeiros 30 minutos: 0,00 €/minuto.

Seguintes 30 minutos: 0,025 €/minuto.

Resto do tempo: 0,020 €/minuto.

 

Tarifas especiais Importe OBSERVACIÓNS
Bono 4 días 30,00 € *Pódese saír as veces que se queira con distintos vehículos.
Bono 7 días 42,00 € *Pódese saír as veces que se queira con distintos vehículos.
Bono 15 días 59,00 € *Pódese saír as veces que se queira con distintos vehículos.
Bono 1 mes 90,00 € *Pódese saír as veces que se queira con distintos vehículos.
Bono empregados CHUOU

(200 horas)

40,50 € *Pódese saír as veces que se queira, con caducidade 1 ano.
Bono 30 horas 29,00 € *Ata esgotar o saldo, caducidade de 1 mes.
Bono residentes 39,00 € *De luns a venres de 19.00 a 09.00 horas e sábados, domingos e festivos as 24 horas.
    Billete disuasorio 7,50 € *Paga por adiantado, unha única saída e caducidade 24 horas.

 

Canon que deberá aboar a concesionaria:

 

Ano 2018: 37.819,13 euros.

Ano 2019 e seguintes ata a extinción da concesión: 26.375,50 euros.

 

DEREITOS DA CIDADANÍA ESPAÑOLA NO EXTERIOR

 

Acordo:

 

Instar ao Goberno de España e ás Cortes Xerais que aproben e poñan en marcha, de forma inmediata, unha Lei de Nacionalidade, procurando o máximo consenso entre todas as forzas políticas, que recolla os dereitos de cidadanía dos españois e das españolas no exterior. Baseándose nos supostos anteriormente mencionados e os que recollen os acordos do Consello Xeral da Cidadanía no Exterior, a Lei dará resposta ás situacións dos descendentes de españois/las que non puideron acceder á nacionalidade por motivo de xénero ou idade na última modificación nesta materia.

 

MODIFICACIÓN DOS CRITERIOS DE CONCESIÓN DE NOVAS AUTORIZACIÓNS PARA A PLANTACIÓN E AMPLIACIÓN DE VIÑEDOS

 

Acordo:

 

1º.- Instarlle ao Ministerio de Agricultura, como administración responsable da concesión de autorizacións, a modificar de xeito urxente o Real decreto 772/2017, do 28 de xullo, recollendo nos criterios de admisión de solicitudes a especificade do sector na provincia de Ourense, que tamén concorre en Galicia.

 

2º.- Instarlle á Xunta de Galicia, como administración responsable da tramitación e supervisión das solicitudes, a estudar de xeito urxente as medidas necesarias que permitan adaptar os criterios de concesión de novas plantacións á realidade do sector na provincia de Ourense, que tamén é de Galicia.

 

3º.- Instarlle á Xunta de Galicia, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e os consellos reguladores de denominación de orixe do viño, a poñer en marcha un plan de formación que permita acreditar a viticultores e adegueiros a capacidade e competencia profesionais recollidas no artigo 8 do Real decreto 772/2017, do 28 de xullo.

 

4º.- Instar ao Goberno do Estado para que garanta que os mozos instalados en explotacións agrarias de orientación produtiva vitícola ou vitivinícola poidan acceder ás novas plantacións para poder ampliar a base territorial da explotación.

 

MANTEMENTO EN CONDICIÓNS ADECUADAS DAS ADMINISTRACIÓNS EN GALICIA DA AEAT ASÍ COMO DOS POSTOS DE TRABALLO PRECISOS PARA TAL EFECTO

 

Acordo:

 

O Pleno da Deputación Provincial de Ourense diríxese ao Goberno Central para demandar o mantemento das sedes das administracións da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) en Ourense, que garanta o mellor servizo e atención ao contribuínte.

 

PROXECTO DE MINARÍA EN MAN DA MOURA

 

Acordo:

 

1º.- Que o Pleno se declare contrario á implantación deste proxecto mineiro.

2º.- Que lle sexa remitida esta declaración aos concellos afectados.

3º.- Que se lle traslade á consellería competente a nosa preocupación pola implantación deste proxecto mineiro e se lle esixa un estudo actual do impacto que pode provocar e da necesidade dunha nova declaración medio ambiental nunha zona de alto “valor patrimonial”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar