Sáenz de Santamaría presentou o seu proxecto político ao PP de Galicia

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel  Tellado e a presidenta de Lugo, Elena Candia, agradeceron a Soraya Sáenz de Santamaría que presentase aos afiliados galegos o poxecto político co que opta á presidencia do Partido a nivel nacional, e que elexise a Lugo como primeiro destino da súa visita a Galicia.

 

Durante o concorrido encontro, enmarcado na campaña electoral interna que os candidatos a dito cargo iniciaron en días pasados, a exvicepresidenta do Goberno destacou que “temos que volver a a recuerar o goberno anto antes e que Sánchez esté o menor tempo posible.

Soraya Sáenz de Santamaría agradeceu a acollida dos distintos cargos orgánicos que participaron na xuntanza, así como das ducias de persoas que esta tarde se congregaron na sede do PP provincial, destacando que coñece o traballo que están a realizar os compañeiros de Lugo en Madrid, como é o caso do voceiro no Senado, José Manuel Barreiro, que, dixo, “agora é unha peza clave”. E é que é, precisamente no seo desta Cámara, onde o PP ten maioría absoluta.

A preguntas dos xornalistas adiantou que chegou o momento de que o Partido amplíe a súa base social. Sinalou que o PP ten que renovarse e modernizarse.A candidata fixo esta valoración ante a posibilidade de que outras formacións políticas como Ciudadanos poidan aglutinar o voto do PP.

A este respecto, indicou que, mentras ela está en Galicia, “Pedro Sánchez debería estar explicando por qué ol presidente de Valencia está detenido”.

Logo do paseo realizado polo casco histórico da cidade e nos momentos previos á reunión con afiliados chegados de distintos lugares da provincia, a popular sinalou que, sobre o número de inscritos ao proceso de votación,  fíxose un esforzo “moi importante”.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar