A Radio Galega é a emisora que máis medra en Galicia

 

A Radio Galega (RG) é, dentro das grandes cadeas en Galicia, a que máis medra tanto en termos absolutos como relativos, segundo a segunda onda do Estudo Xeral de Medios (EXM) correspondente os meses de abril e maio do presente ano.   Con respecto a onda anterior a Radio Galega medra en 17.000 novos ouvintes de luns a domingo, experimentando un incremento na súa audiencia do 13,71 %. En total, nesa mesma franxa semanal, a RG computa 157.000 ouvintes

Segundo o EXM, a Radio Galega mantén a terceira posición en Galicia e cómpre salientar que está a reducir distancias en 12.000 persoas coa COPE, a segunda en Galicia, mantendo a SER o liderato.  Por outra parte, a Radio Galega Música acada unha audiencia de 19.000 ouvintes de luns a domingo, un dos valores máis altos da súa historia, so foi superada esa audiencia en dúas ocasións. Con respecto a primeira onda do EXM do ano o incremento foi de 4.000 persoas, un incremento porcentual na audiencia cifrado no 26.67%.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar