TVG:O ex-presidente Laxe valora o crecemento económico e precisa xerar emprego

Acceso á entrevista, AQUÍ 

Frnando González Laxe, ex-presidente da Xunta de Galicia e membro do Foro Económico de Galicia, foi entrevistado esta mañá no Bos Días da Televisión de Galicia. A entrevista xirou arredor da situación económica de España e de Galicia e do  seu crecemento económico. En primeiro lugar Laxe referiuse ás pensións, afirmando que se producen desaxustes polo gran número de persoas que non cotizan e explicou que a súa sustentación se pode garantir “axustando e determinando condicións e con modificacións orzamentarias”. Tamén mencionou os pactos de Toledo e afirmou que “os partidos políticos deberían aceptalos e deixar de lado as liortas sobre este tema ”

O ex presidente socialista sinalou que aínda que o crecemento do emprego en Galicia é positivo, “é demasiado temporal e as empresas son moi cativas, sen capacidade para incorporar tecnoloxía”. Incidiu que, pese a estarmos entre as cinco comunidades autonómicas que máis medran, non estamos nin nas dez primeiras en creación de emprego. González Laxe fixo fincapé en tres cambios necesarios: unha estratexia comercial cara a África, Latinoamérica e o Caribe; a necesidade de crear produtos con valor engadido; e por último, a aposta polas enerxías renovables, pois, xa que “podemos producir  enerxía eólica, de biomasa e maremotriz máis barata, apostemos por ela”.

Sobre o novo goberno de España afirmou que “as súas prioridades deben mudar”, e que “ten que centrarse na creación de emprego e non nas infraestruturas físicas”. Especialmente, que se debe poñer o foco na robotización e nas novas tecnoloxías. Sobre a convivencia do PSOE con Podemos e partidos nacionalistas cataláns, Laxe afirmou que “dubido da lealdade institucional de Cataluña”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar