Cooperación con Acnur e a Asociación Galega do Pobo Saharahui

A Xunta vén de asinar os convenios de colaboración con  ACNUR (Comité Español do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os refuxiados) e con SOGASP (Asociación Solidariedade co Pobo Saharauí), por un importe que ascende a 95.000 euros destinado a accións de carácter humanitario, tal e como recollo o V Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021.

Concretamente, o convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta e SOGAPS é para a realización do proxecto “Prestación de axuda humanitaria na Wilaya de Bojador e a construción dun dispensario na daira de Mhreiriz” co obxecto de contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí tanto en Bojador como en Mheiriz, a través da mellora das condicións de saúde con especial énfase en nenos e e nenas, e mulleres embarazadas. Este convenio conta cun orzamento para este ano de 75.000 euros.

Dende o ano 2009 a Xunta de Galicia colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) no financiamento de diferentes proxectos, a través da sinatura dos correspondentes convenios por un importe que supera os 780.000 euros.

Por outra banda, o convenio asinado con ACNUR ten por obxecto contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios/as nos países limítrofes e próximos a Siria, como Turquía, Líbano, Xordania e Exipto, asegurando o acceso a servizos de emerxencia. Trátase de garantir a cobertura de necesidades básicas durante 6 meses a 22 familias refuxiadas sirias (132 persoas), que residen nas zonas urbanas de Mount Lebanon, Líbano, cunha axuda do Goberno galego de 20.000 euros. O importe das achegas da Xunta de Galicia a actuacións de acción humanitaria a través da Asociación España con ACNUR no período 2009-2018 ascende a 270.000 euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar