Ourense:Reducción das tarifas de aparcamento do Hospital “Santa María Nai”

A comisión informativa de Cooperación, Infraestruturas e Medio rural da Deputación de Ourense tratou o tema das tarifas dos aparcadoiro anexo ao Hospital “Santa María Nai” de Ourense.

Na reunión analizouse a aprobación da modificación do contrato de concesión para a explotación do estacionamento para vehículos en terreos anexos ao dito centro hospitalario, que tería efectos a partires 1 de xullo de 2018 no que atinxe ás tarifas do servizo que serían as seguintes: primeiros 30 minutos (0,00 €/minuto), seguintes 30 minutos (0,025 €/minuto) e o resto do tempo (0,020 €/minuto), o que supón unha importante redución das tarifas xerais actuais. 

Tamén se propoñen tarifas especiais para bonos que van dos 4 días ao mes, para bonos de empregados no CHUOU, para residentes ou por horas. Para a redución das tarifas proponse unha redución do canon a 26.375,50 € anuais a partir de 2019, e a 37.819,13 euros para o ano 2018.

Por outra banda, a comisión informativa de Transparencia e Administración Provincial abordará a aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do persoal da Deputación de Ourense, conforme co documento aprobado na Mesa Xeral de Negociación do pasado 6 de xuño. A súa aprobación definitiva determinará a obriga de incorporar as súas previsión nos orzamentos da Deputación para o exercicio 2019.

Outro dos temas a abordar nesta reunión será a aprobación inicial do Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2018, complementario á RPT da Deputación de Ourense.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar