Manuel Baltar reúnese con veciños de Cenlle afectados pola Confederación Hidrográfica

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial, con veciños de Cenlle afectados por un procedemento da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que foron acompañados polo alcalde e pola secretaria do municipio.

“Na xuntanza púxose de manifesto a inxustiza do expediente iniciado, recorrido en reposición, amosando desde a Deputación de Ourense o apoio aos veciños e ao Concello, tanto no asesoramento xurídico como nos labores necesarios de carácter técnico para resolver a problemática”, explicou o presidente do goberno provincial. Nese senso, Manuel Baltar tamén se comprometeu a xestionar entrevistas con responsables do Goberno Central para solucionar a situación.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar