“Lucus Augusti”: Recreación histórica de “Arde Lucus”

 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recibiron a todas as tropas e lexións, nun acto no fondo da Praza Maior, xusto ao lado dos fundadores da cidade, ao que tamén asitiu o César Augusti, Paulo Fabio Máximo e Caio Antistio.

Neste acto tamén houbo distincións para patrocinadores e entidades colaboradoras destes festexos, declarados de Interese Turístico Nacional, como a Deputación de Lugo, Estrella Galicia ou Viaria Regium, así como para o colectivo español e europeo de asociacións de festas e manifestacións históricas. O Concello tamén quixo homenaxear a Lugdunum, Terra Copora e Tir Na N`og, que cumpren 10 anos traballando no Arde Lvcvs, ao igual que fixera o pasado ano coa Cohors III Lucensium.

O Concello e as 17 asociacións de Lugo involucradas ao máximo nestes festexos teñen preparadas máis de 350 actividades dirixidas a todos os públicos, o 90% delas novidosas. Nesta segunda xornada celebrarase o Asalto ao Monte Medulio, a sesión do Circo Medulio, e terá lugar un espectáculo de lume e auga, Divinivm, ás 23:55:00 horas. Animación de rúa, desfiles, bautizos e vodas celtas ou teatro son outras das actividades coas que se pode gozar ao longo deste sábado.

Máis información en www.ardelucus.com 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar