Montse Prado, BNG: Píde “valentía” á conselleira do Mar ás preguntas no Parlamento

A deputada do BNG, Montse Prado demandou na Comisión de Pesca  que o Consello da Xunta se pronuncie en contra do proxecto megamineiro de Touro-O Pino e escoite o “clamor” da cidadanía.

Ademais tamén pediu “valentía” á titular da consellería do Mar, Rosa Quintana para que compareza no Parlamento galego e responda ás preguntas formuladas polo BNG e sectores afectados pola actividade mineira, preguntas, dixo Prado, ás que polo momento a conselleira do Mar “non quixo responder”.

A parlamentaria lembrou que miles de persoas manifestáronse a pasada fin de semana  nas rúas de Compostela e na Praza do Obradoiro para reclamar  que se paralice a concesión á empresa explotadora da mina de Touro. O goberno galego, manifestou , debe dicir de que lado se coloca, “si dun proxecto espoliador que só deixa destrución ou do lado dos sectores produtivos que crean riqueza”.

Para a deputada, debe ser “o conxunto do Goberno galego” o que tome a decisión de parar o proxecto da mina de Touro. Non só o pide o BNG, dixo Prado, tamén o sector do mar e as confrarias de maneira unanime polo que transladou ao Parlamento galego a “alarma e preocupación” ante a contaminación da ría de Arousa derivada da actividade mineira.

Na defensa da inciativa, a parlamentaria aludiu aos informes elaborados polo diferentes departamentos da Xunta que reflicten riscos reais do proxecto mineiro entre os que desctacou: a contaminación das traídas, dos acuíferos, da atmósfera, incompatibilidade co aproveitamento gandeiro e  forestal e graves riscos para a saúde pública. A administración galega de Augas custiona practicamente todos os aspectos do proxecto pola afección da calidade das augas e confirma  contaminación de todos os ríos arredor da mina de Touro- O Pino.

A nacionalista preguntou que máis precisa saber o goberno galego para denegar a autorización á empresa que representa “unha grave ameaza  para a saúde ambiental e cidadá” ademais de  afectar moi negativamente ao emprego de miles de persoas na ría de Arousa.

A deputada do BNG reiterou que “sobran os motivos” para rexeitar o proxecto da mina de Touro-O Pino e lembrou que a empresa conta cun longo historial de incumprimentos, intento de ocultación da dimensión do proxecto, e mesmo  ocultou as  consecuencias da explotación polo que volveu a preguntar que máis argumentos necesita a Xunta para dicir “non á mina de Touro”.

Prado afirmou que a verdadeira razón do goberno galego para manter  a autorización da mina reside na “falta de vontade política” e apelou aos informes desfavorábeis e a mobilización social para reclamar a rectificación da Xunta.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar