Santiago:Documental de Amnistia Internacional “A cifra negra”

 

A longametraxe realiza unha panorámica da vulneración dos Dereitos Humanos por parte de funcionarios públicos en España a través dunha trintena de casos paradigmáticos e analiza o índice de impunidade deste tipo de delitos. Vítimas, avogados, xuíces, policías, defensores dos dereitos humanos e outros expertos analizan as súas causas e apuntan posibles vías de superación dunha secuela que pon en dúbida o noso Estado de dereito.

A película conta coa participación de Manuela Carmena, Joaquím Bosch e Rafael Ribó entre os personaxes entrevistados, e con actores como Willy Toledo, Isak Férriz e Gorka Lasaosa nas reconstrucións de feitos demostrados en sede xudicial.

A película gañou o 16º Festival de Cinema e Dereitos Humanos de San Sebastián, inaugurou a última edición do BccN Barcelona Creative Commons Film Festival e participou na sección competitiva do Festival de Cinema e Dereitos Humanos de Barcelona; goza do apoio de Amnistía Internacional e a Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura e estase estreando en varios cinemas de toda España dende o pasado xoves 1 de marzo.

 

Empatik Films está levando a cabo unha campaña de crowdticketing por medio de SCREENLY para programar a estrea de “A cifra negra” en Santiago de Compostela o vindeiro domingo 8 de xullo ás 22h no Numax. Para poder confirmar o evento teñen de prazo ata o 1 de xullo para que se reserven un mínimo de 32 entradas anticipadas.

 

Ligazón á campaña: https://screen.ly/evento/529/la-cifra-negra-multicines-norte/

Outras presentacións programadas: http://empatikfilms.com/la-cifra-negra-cines/

Web (sinopsis, trailer, ficha técnica, fotogramas): http://empatikfilms.com/la-cifra-negra/

 

Hashtag: #LaCifraNegra

Contacto para prensa, presentación do largometraxe e visualizacións previas do mesmo:

Ales Payá – Departamento de producción de Empatik Films

Teléfono: 639 970 242

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar